O voo 602 de Iberia era un servizo entre o aeroporto de Valencia e o aeroporto de Eivisa. O día 7 de xaneiro de 1972 o Sud Aviation SE 210 Caravelle que operaba a ruta esnafrouse nunha montaña preto de Eivisa. Os 98 pasaxeiros e 6 tripulantes morreron no accidente.

Avión e tripulación A aeronave era un Sud Aviation SE 210 Caravelle que voara por vez primeira o 25 de xuño de 1963 e estaba impulsado por dous motores turborreactores Rolls-Royce RA-29 Mk.533R Avon. Entregado a Iberia o 9 de xullo, o avión foi chamado inicialmente Tomás Luis de Victoria polo compositor español do mesmo nome, aínda que despois o nome acurtouse a Maestro Victoria.

O voo 602 estaba baixo o mando do capitán de 37 anos José Luis Ballester Sepúlveda, con 7 000 horas de voo de experiencia, do primeiro oficial Jesús Montesinos Sánchez, e do enxeñeiro de voo Vicente Rodríguez Mesa."Spanish jet crashes; 104 aboard killed". The Blade. Toledo, Ohio. Reuters. 7 January 1972

Accidente O voo 602 era un servizo doméstico entre Valencia e Eivisa. O avión era un Sud Aviation SE 210 Caravelle, baixo o mando dun capitán de 37 anos con 7 000 horas de voo. A bordo había 6 tripulantes e 98 pasaxeiros, a meirande parte deles valencianos que regresaban aos seus traballos en Eivisa despois das vacacións de Nadal.

Ao redor das 12:15 p.m., o capitán solicitou permiso ao aeroporto de Eivisa para descender a 5 500 pés (1 676 metros). As fontes do aeroporto informaron que o capitán tamén dixo, "Preparádeme unha cervexa, estamos aquí".

O avión estaba aproximándose á pista 07 cando descendeu por debaixo dos 2 000 pés (610 metros). Segundo o informe do accidente, nin o capitán nin o copiloto se decataron do descenso perigoso, xa que estaban discutindo sobre un partido de fútbol co controlador da torre do aeroporto. O voo 602 golpeou o monte Sa Talaiassa a uns 30 metros por debaixo do seu cumio de 462 metros. O avión estoupou no impacto, matando os 98 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo.

No momento do accidente, a visibilidade era dunhas 5-10 millas e o tempo foi descrito como moi cuberto con nubes rotas.

Causa Determinouse que o piloto non puido manter a altitude mínima de voo para unha aproximación visual á pista 07.Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. p. 104

Notas

Iberia Categoría:Accidentes e incidentes de Iberia Categoría:Accidentes e incidentes de Sud Aviation Caravelle Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1972