Democracia en Europa 2025 (en inglés, Democracy in Europe Movement 2025, abreviado DiEM25), é un movemento político paneuropeo​ impulsado polo exministro de economía grego Yanis Varoufakis, que ten como obxectivo a democratización das institucións europeas desde a esquerda.Müller, Enrique. «Varoufakis lanza un movimiento para refundar la UE desde la izquierda» El País.​ O movemento conta co apoio de intelectuais, activistas e políticos europeos como Julian Assange, o filósofo italiano Toni Negri,​ a socióloga neerlandesa Saskia Sassen, o músico inglés Brian Eno, o economista estadounidense James Galbraith, o exparlamentario laborista Stuart Holland ou o filósofo esloveno Slavoj Žižek,​ entre outros.Oltermann, Philip (10 de febreiro 2016). «Yanis Varoufakis launches pan-European leftwing movement DiEM25». The Guardian.

Ideas e proxecto O acrónimo DiEM fai referencia ao concepto de carpe diem romano. O movemento sostén que hai que aproveitar o «hoxe» para organizarse a nivel continental, xa que consideran «obsoleto o modelo de partidos nacionais que forman alianzas fráxiles no Parlamento Europeo», polo que sería necesario que cristalice pronto un movemento paneuropeo de novo tipo, capaz de enfrontarse á grande crise económica, política e social na que está Europa. De acordo coa análise do movemento, esta crise ameaza con desintegrar Europa e que tería características similares á da Gran Depresión dos anos 30.Redacción (9 de febreiro 2016). «Varoufakis lanza un movimiento para evitar la desintegración de la UE». AFP (Agence France-Presse).

Historia Orixes O movemento presentouse publicamente o 9 de febreiro de 2016 no Volksbühne am Rosa-Luxemburg-Platz de Berlín. O lanzamento estaba inicialmente planificado para novembro de 2015, pero, segundo Yanis Varoufakis, os atentados de París do mesmo mes obrigaron a pospolo.Sancho, Xabi (31 de xaneiro 2016). «Yanis Varoufakis: "Odio los bailes regionales, incluso los griegos"». El País.​ O acto fundacional de Berlín contou cun discurso de Ada Colau, así como coa participación de Caroline Lucas, deputada no Parlamento Europeo polo Partido Verde de Inglaterra e Gales, representantes do movemento Blockupy de Alemaña, o partido Actúa de Baltasar Garzón e Federico Mayor Zaragoza e Miguel Urbán Crespo, deputado no Parlamento Europeo de Podemos.Oltermann, Philip (10 de febreiro 2016). «Yanis Varoufakis launches pan-European leftwing movement DiEM25». The Guardian.

A finais de xaneiro de 2019 DiEM25 chegou a un acordo coa plataforma española Actúa para presentarse conxuntamente ás eleccións europeas baixo o paraugas da candidatura continental Primavera Europea ('European Spring').«Llamazares deja IU por “el deterioro de su discurso y sus métodos internos”». El País.

Desenvolvemento, crítica e recepción O lanzamento da iniciativa recibiu unha ampla cobertura na prensa internacional. Os principais medios europeos reflectiron nas súas reportaxes dos días sucesivos tanto o potencial do movemento, como as principais contradicións ás que se enfronta. Varoufakis foi interpelado pola prensa sobre a relación entre a súa iniciativa e as prostas que existen por parte doutros líderes da esquerda europea para enfrontar e xestionar a chamada «crise do neoliberalismo». En particular, a posición de Oskar Lafontaine en Alemaña e Jean-Luc Mélenchon en Francia, partidarios dunha recuperación de soberanía e dun retorno ás moedas nacionais, abandonando o euro. Respecto a esta cuestión, posiblemente a máis conflitiva debido ao enfrontamento de posicións contarias dentro da propia esquerda europea, Varoufakis respondeu de maneira clara e unívoca que rexeita esa proposta. A énfase do seu movemento está posta na repolitización de Europa como unidade e na democratización das súas institucións como maneira de facer fronte ás tendencias de separación, fragmentación, competencia e illamento.Bascetta, Marco; Sandro Mezzadra (10 de febreiro 2016). «[Varoufakis appeals for democratic awakening]». Il Manifesto (global edition).

Nun artigo titulado «Varoufakis' kleine Internationale gegen Kapitalismus» (en galego A pequena Internacional de Varoufakis contra o capitalismo), o periódico dereitista alemán Die Welt sinalou que as posicións de Varoufakis «esnaquizarían Europa en lugar de curala». Nesta nova sobre o lanzamento de DiEM25, o xornal sinala que esta iniciativa sería produto de que Varoufakis estaría «amargado» polo rexeitamento das súas ideas, sendo incapaz de aceptar que os seus colegas non quixesen seguilo e, xa que a nivel nacional non puido imporse, chegou á conclusión de que precisaba alianzas internacionais. Mentres en Hungría ou Polonia os sectores conservadores apostan pola soberanía, Varoufakis estaría intentando formar unha alianza de toda Europa para defender unha política de esquerda a nivel continental.Jan Dams (10 de febreiro 2016). «Varoufakis' kleine Internationale gegen Kapitalismus». Die Welt.

Partidos políticos asociados +PartidoEstadoDeputados na Cámara AltaDeputados na Cámara BaixaDeputados no Parlamento EuropeoÚltimo resultado electoralReferenciaDer WandelAustriaNon participouPartido Pirata ChecoRepública Checa10,8%A AlternativaDinamarcaUnicameral3,0%Génération.sFranciaNon participouNouvelle DonneNon participouDemokratie in EuropaAlemañaNon participouDemokratie in Bewegung0,1%MeRA25GreciaUnicameralNon participouDemocracia e AutonomíaItaliaintegrado en Libres e iguaisRazemPolonia3,6%LIVREPortugalUnicameral0,7%ActúaEspaña0,1%

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Partidos políticos Categoría:Partidos políticos paneuropeos