Luís Rodríguez Villar, coñecido como Luís da Rogita, nado en Malpica de Bergantiños o 6 de abril de 1908 e finado no mesmo concello o 11 de xuño de 1987,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-6-1987, p. 65. foi un sindicalista galego.
Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.
Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Cruzou a fronteira desde Audierne e loitou na batalla de Teruel. Fuxiu novamente a Francia e estivo detido no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Continuou a loita contra os nazis até que foi detido cando tentaba cruzar a fronteira suíza. Deportado a Mauthausen, ingresou o 25 de xaneiro de 1941. Logrou sobrevivir e foi liberado o 5 de maio do 1945. Quedou en Francia. Regresou a Malpica en agosto de 1978.
Vida persoal
Casou con Germana Gilquin. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes