James Nathaniel Brown, nado en St. Simons (Xeorxia), o 17 de febreiro de 1936 e finado nos Ánxeles o 18 de maio de 2023, foi un xogador profesional de fútbol americano e actor. Durante a súa carreira deportiva competiu como fullback para os Cleveland Browns da National Football League (NFL) entre 1957 e 1965. Considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, Brown foi invitado á Pro Bowl cada temporada de todas as que xogou, foi recoñecido tres veces como MVP e gañou un campionato da NFL cos Browns en 1964. A nivel estatístico, liderou a competición en iardas de cerreira en oito das súas nove temporadas, rexistrando no momento da súa retirada a maioría dos récords posíbeis para xogadas de carreira. No ano 2002 The Sportings News nomeouno como o mellor xogador de fútbol americano profesional de todos os tempos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jim Brown no Salón da Fama da NFL

Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Xogadores dos Cleveland Browns