Izabela Lutoslawska, nada en Moscova o 27 de marzo de 1889 e finada en Edmonton (Canadá) en 1972, foi unha escritora e tradutora polaca.

Traxectoria Foi a segunda filla de Sofía Casanova e Wincenty Lutosławski. Pasou tempadas en Galicia, criada coa axuda da amiga da nai, Pepa López (Pepiña).

Comezou a ser coñecida polas súas traducións do castelán ao polaco, como as obras de Victoriano García Martí en 1911 e de Jacinto Benavente en 1925. Escribiu varias novelas onde, segundo Bednarczuk, se ven reflectidas as súas conviccións católicas e a súa proximidade con Roman Dmowski e outras figuras do partido nacionalista polaco Narodowa Democracja (Democracia Nacional).

Obras

Roman Dmowski : człowiek, polak, przyjaciel Bolszewicy w polskim dworze Córka: powieść (en galego, Filla novela) Małżeństwo Zazy: powieść Państwo Bobrowscy: powieść Andrzej Korecki: powieść współczesna

Traducións

Źle kochana, tradución ao polaco de La Malquerida de Jacinto Benavente Ze swiata wewnetrznego Rozmyslania, tradución ao polaco de Del mundo interior: Meditaciones de Victoriano García Martí Wnuczeck tradución ao polaco de El Nietecito de Jacinto Benavente Grobowiec marzen, tradución da obra de Jacinto Benavente.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Tradutores ao polaco Categoría:Escritores de Polonia