A Agrupación Nacional (en francés, Rassemblement national, RN) —denominado ata 2018 Fronte Nacional (FN) (en francés, Front national)— é un partido político francés de extrema dereita que se define como dereita nacionalista, populista e soberanista.
Presidencia do RN miniatura|150px|En 2011 Marine Le Pen sucedeu ao seu pai ao mando do partido A presidencia estivo en mans do seu fundador Jean-Marie Le Pen desde 1972 ata 2011, ano en que foi substituído pola súa filla Marine Le Pen.Marine Le Pen, la nueva líder del Frente Nacional. ABC, 15 de xaneiro de 2011.
Poder do RN É o primeiro partido en voto obreiro de Francia, con dous terzos dos seus votantes procedentes do Partido Comunista de Francia e do Partido Socialista. É por iso que se o considera un partido transversal, con ideas de dereita e esquerda e con votantes de ambo-los dous espectros políticos.
Durante os anos 90 e a primeira década do século XXI, a Fronte Nacional foi o terceiro partido político francés, tralo de centro-dereita (UMP) e o de centro-esquerda (Partido Socialista).
Nas presidenciais de 2002, o candidato do partido Jean-Marie Le Pen pasou á segunda volta, deixando fóra o candidato do Partido Socialista, e competiu contra o candidato da UMP, Jacques Chirac, daquela presidente. Nesa votación, Le Pen tan só acadou o 17,8% dos votos. Nas seguintes dúas eleccións presidenciais, a FN non atangueu a segunda volta. En 2017, a candidata Marine Le Pen foi a segunda máis votada, atrás de Emmanuel Macron, perante quen caeu na segunda volta cun 33,9% de apoio, o mellor resultado do partido ata a data.
En 2005, a FN fixo campaña polo non no referendo sobre o Tratado que establece unha constitución para Europa, que venceu por un 55%, fronte ao 45% do si. Comunistas e boa parte dos socialistas tamén apoiaron o voto en contra.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e 2019 foi o partido máis votado en Francia. Na Eurocámara, o RN está integrado no grupo parlamentario Identidade e Democracia, canda outros partidos euroescépticos e nacionalistas de dereitas. Tamén foi o máis votado nas Eleccións europeas de 2024, con algo máis do 31% dos votos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Partidos políticos de Francia