Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América. É un poema visual que non contén ningún diálogo nin narración: o seu sentido estabelécese pola xustaposición de imaxes e música. Reggio explicou a carencia de diálogo declarando "non é por falta de amor á lingua que estes filmes non teñen palabras. Débese, dende o meu punto de vista, a nosa linguaxe está nun estado de grande humillación. Xa non describe o mundo no que vivimos". Na lingua hopi, a verba Koyaanisqatsi quere dicir "vida desequilibrada". O filme é o primeiro da coñecida como triloxía Qatsi e foi seguido por Powaqqatsi (1988) e Naqoyqatsi (2002). A triloxía amosa diferentes aspectos da relación entre humanos, natureza e tecnoloxía. Koyaanisqatsi é o máis coñecido da triloxía e é considerado un filme de culto. Porén, por mor de temas de dereitos de autoría, o filme estivo fóra de publicación durante a maior parte da década de 1990.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Criterion

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Godfrey Reggio Categoría:Filmes rodados en Missouri Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes preservados no National Film Registry