Hierápolis (,lit. "Cidade santa") foi unha antiga cidade situada nun manancial de augas termais na Frixia clásica no suroeste de Anatolia. As súas ruínas están ao carón da moderna Pamukkale en Turquía e actualmente forman parte dun museo arqueolóxico designado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

As fontes termais utilízanse como spa desde o século II a.C, moitos clientes retiráronse ou morreron alí. A gran necrópole está chea de sarcófagos, o máis famoso o de Marcus Aurelius Ammianos, ten un relevo que representa o primeiro exemplo coñecido dunha manivela e un mecanismo de biela. miniatura|Parte do sitio arqueolóxico de Hierápolis Os grandes baños construíronse con grandes bloques de pedra sen usar cemento e consistían en varias seccións pechadas ou abertas unidas entre elas. Hai nichos profundos na sección interior, incluíndo os baños, a biblioteca e gymnasium.

Xeografía Hierápolis está situada no val do río Büyük Menderes (o Meandro clásico) adxacente ás modernas cidades turcas de Pamukkale e Denizli. Atópase na rexión interna turca do Exeo, que ten un clima tépedo durante a maior parte do ano.

Historia miniatura|200px|right|Tumbas dunha das necrópoles. Atópanse rodeadas de cal. A mesma que forma as estruturas de Pamukkale.

Antiga Hierápolis Só sábense algúns feitos históricos sobre a orixe da cidade. Non se atoparon rastros da presenza de hititas ou persas. Os frixios construíron un templo, probablemente na primeira metade do século VII a.C. Este templo, usado orixinalmente polos cidadáns da veciña cidade de Laodicea, máis tarde formaría o centro de Hierápolis.

miniatura|left | 150px | Moeda de Eumenes II

Hierápolis fundouse como un balneario termal no inicio do século II a.C. no ámbito do Imperio Seléucida. Antíoco o Grande enviou 2.000 familias xudías a Lidia e Frixia desde Babilonia e Mesopotamia, máis tarde uníronse outras máis de Xudea. A congregación xudía creceu en Hierápolis e estimada en ata 50.000 habitantes no ano 62.Padfield.com. "Jewish Congregation in Hierapolis".

A cidade expandiuse co botín da Batalla de Magnesia no 190 a.C onde Antíoco o Grande foi derrotado polo aliado de Roma Eumenes II, rei de Pérgamo. Tralo Tratado de Apamea que acabou coa guerra siria, Eumenes anexou gran parte de Asia Menor, incluíndo Hierápolis.

Hierapolis converteuse nun centro de curación onde os antigos médicos usaron as fontes termais como tratamento para os seus pacientes. A cidade comezou a a acuñar moedas de bronce no século II a.C. Estas moedas danlle o nome Hieropolis. Aínda non está claro se este nome se refería ao templo orixinal (, "hieron") ou na honra a Hiera, a esposa de Télefo, fillo de Hércules e a princesa Misia Auge, o suposto fundador da Dinastía atálida de Pérgamo. Este nome converteuse en Hierápolis ("cidade santa"), segundo o xeógrafo bizantino Stephanus debido á súa gran cantidade de templos.

Hierapolis romana No 133 a.C, cando morreu Attalus III, legou o seu reino a Roma. Hierápolis pasou a formar parte da provincia romana de Asia romana. No ano 17, durante o mandato do emperador Tiberio, un terremoto destruíu a cidade.

A través da influencia do apóstolo cristián Paulo, construíuse aquí unha igrexa mentres estaba en Éfeso.Colossians 4:13. O apóstolo cristián Filipe pasou os últimos anos da súa vida aquí.Papias. Early Christian Writings . Crese que o Martyrium da cidade construíuse sobre o lugar onde Filipe foi crucificado no ano 80. Tamén se dixo que as súas fillas actuaron como profetisas na rexión.

No ano 60, durante o mandato de Nerón, un terremoto aínda máis grave deixou a cidade completamente en ruínas. Posteriormente, a cidade foi reconstruída no estilo romano con apoio financeiro imperial. Foi durante este período que a cidade acadou a súa forma actual. O teatro construíuse no 129 para unha visita do emperador Adriano. Renovouse baixo Septimius Severus (193-211). Cando Caracalla visitou a cidade en 215, concedeulle o moi cobizado título de "neocoros" sobre el, que outorgaba á cidade certos privilexios e o dereito a un santuario. Esta foi a idade de ouro de Hierápolis. Miles de persoas beneficiáronse das propiedades medicinais das fontes termais. Iniciáronse novos proxectos de construción: dous baños romanos, un ximnasio, varios templos, unha rúa principal cunha columnata e unha fonte nas augas termais. Hierápolis converteuse nunha das cidades máis prominentes do Imperio Romano nos campos das artes, a filosofía e o comercio. A cidade creceu ata 100.000 habitantes e fíxose rica. Durante a súa campaña contra o Sasánida Shapur II no 370, o emperador Valente fixo a última visita imperial á cidade.

Durante o século IV, os cristiáns encheron a Praza de Plutón (o plutonio) con pedras, o que suxire que o cristianismo converteuse na relixión dominante e comezou a desprazar outras relixións na zona. Orixinalmente, unha capital de Frixia Pacatiana,RAMSAY, Cities and Bishoprics of Phrygia (Oxford, 1895–1897) o emperador bizantino Xustiniano elevou ao bispo de Hierápolis ao rango de metropolitano no 531. Os baños romanos transformáronse nunha basílica cristiá. Durante o período bizantino, a cidade continuou florecendo e tamén permaneceu como un centro importante para o cristianismo.

Hierápolis medieval A principios do século VII, a cidade foi devastada primeiro polos exércitos persas e despois por outro terremoto, do que tardou moito en recuperarse.

No século XII, a área quedou baixo o control dos selxúcidas do sultanato de Konya antes de caer en mans dos cruzados de Frederico Barbarroxa e os seus aliados bizantinos en 1190. Aproximadamente trinta anos máis tarde, a cidade foi abandonada antes de que os selxúcidas construíran un castelo no século XIII. O novo asentamento foi abandonado a finais do século XIV. En 1354, o gran terremoto de Tracia derrubou os restos da antiga cidade. As ruínas foron lentamente cubertas cunha espesa capa de calcaria.

Escavacións modernas Hierápolis escavouse primeiramente polo arqueólogo alemán Carl Humann durante xuño e xullo de 1887. As súas notas da escavación foron publicadas no seu libro de 1889 Altertümer von Hierapolis. As súas escavacións foron bastante xerais e incluíron varios orificios de perforación. Gañarían fama polo seu posterior descubrimento do Altar de Pérgamo, que reconstruíuse no Museo de Pérgamo de Berlín.

Despois de que as grandes formacións de pedra calcaria branca das augas termais volvéranse famosas no século XX, converteuse nunha atracción turística chamada "Castelo de algodón" (Pamukkale). A cidade antiga foi redescuberta polos viaxeiros, pero tamén destruída parcialmente polos novos hoteis que se construíron alí. Estes edificios derrubáronse nos últimos anos. Non obstante, mantívose unha piscina de auga quente dun hotel e (por un prezo) é posible nadar entre os antigos restos de pedra.

As escavacións comezaron en serio en 1957 cando os científicos italianos, dirixidos por Paolo Verzone, comezaron a traballar no sitio. Estes estudos continuaron en 2008 cando se iniciou a restauración do sitio. As columnas ao longo da rúa principal preto da porta de Domiciano levantáronse de novo. Tamén desenterráronse varias casas do período bizantino, incluíndo unha casa con patio do século XI. Moitas estatuas e frisos foron espoliados para museos de Londres, Berlín e Roma. En 1970, construíuse o Museo Arqueolóxico de Hierapolis no lugar dos antigos baños romanos.

Estruturas significativas miniatura|dereita | 225px | Porta de Domiciano A cidade helenística construíuse nunha cuadrícula con rúas paralelas ou perpendiculares á vía principal. Esta rúa principal corría de norte a sur preto dun cantil coas terrazas de travertino. Tiña aproximadamente 1500 m. de longo e 13´5 m. de ancho e estaba bordeado por ambos lados por unha arcada. Nos dous extremos da rúa principal había unha porta monumental flanqueada por torres cadradas construídas con bloques de pedra maciza. As rúas laterais tiñan preto de 3 m. de ancho. Outra porta, a Porta de Domiciano, estaba preto da porta norte da cidade. Este arco triunfal flanqueado por torres circulares está formado por tres arcos e construíuno o procónsul Julius Frontinus (84-86).

A cidade reconstruíuse repetidamente despois dos grandes terremotos e mellorou antes de varias visitas imperiais aos mananciais medicinais. Ademais, Septimio Severo fixo construír unha serie de novos edificios en Hierápolis como agradecemento ao seu secretario Antipater, un nativo de Hierápolis que tamén tutelou aos dous fillos do emperador.

Rúa principal e as súas portas

Porta Frontinus miniatura|240px| Porta Frontinus Esta é a entrada monumental da cidade romana e leva á gran platea, de 14 metros de ancho, que atravesa todo o poboado, saíndo por unha porta do outro lado, para conectarse coa estrada que vai a Laodicea en Lykos e logo a Colossae. Paga a pena admirar a estrutura ben conservada con tres aberturas, en bloques de travertino coidadosamente cadrados, con elegantes arcos decorados cunha simple cornixa, flanqueada por dúas torres redondas que recordan as portas helenísticas da cidade como a da cidade Panfiliana de Perge, preto de Antalya.

Porta Bizantina do norte A porta norte forma parte dun sistema de fortificación construído en Hierápolis en tempos de Teodosio (finais do século IV) e é a súa entrada monumental, combinada cunha porta simétrica ao sur da cidade. Construída con material reutilizado da demolición do Ágora, está flanqueada por dúas torres cadradas, como noutras cidades próximas como Blaundus. Catro grandes soportes de mármore con cabezas de leóns, de pantera e dunha Gorgona atopáronse colapsados ​​fronte á porta. Son moi expresivos e, aínda que pertencían a edificios antigos, evidentemente foron reutilizados como elementos apotrópaicos nos dous lados da porta para evitar a influencia do mal.

Teatro miniatura|esquerda| O Teatro en 2020

O Teatro construíuse probablemente baixo o reinado de Adriano despois do terremoto de 60 d. C. A fachada ten 91 m. de longo, cuxa lonxitude total permanece en pé. Na cávea hai 50 filas de asentos divididas en 7 partes por 8 escaleiras intermedias. O diazoma, que dividiu a cavea en dous, estaba atravesado por dous pasaxes abovedados (os vomitorios). Existe un palco Imperial no medio da cávea e un muro de 1´83 m. de altura que rodea á orquestra.

Durante o reinado de Septimius Severus a comezos do século III, as antigas scaenae frons (fachada do escenario) foron substituídas por unha nova e máis monumental, organizada en tres pisos e flanqueada por dous impoñentes edificios de entrada lateral. Os relevos escultóricos, que exhibían temas mitolóxicos, situáronse nos diferentes pisos, mentres que as inscricións dedicatorias corrían ao longo das entablaturas. A transformación destacou debido ao tamaño das estruturas, á alta calidade da man de obra e aos materiais empregados.Filippo Masino, Giorgio Sobrà, La frontescena severiana del Teatro di Hierapolis di Frigia. Architettura decorazione e maestranze, in Sebastiano Ramallo, Nicole Röring (eds.) La scaenae frons en la arquitectura teatral romana, Cartagena 2010.

Tamén se reconstruíu o auditorio, substituíndo os antigos asentos de pedra calcaria por outros de mármore e realizando un alto podio na orquestra para adaptar o edificio á organización de Venatios e escolas de gladiadores.

Un terremoto en Hierápolis no século VII causou o colapso de todo o edificio así como o abandono definitivo da cidade. Desde o século XVIII, as impactantes ruínas do monumento convertéronse nun tema recorrente nas descricións e gravados dos viaxeiros europeos.