O pitón da India (Python molurus) é unha especie de réptil escamoso da familia Pythonidae de hábitos nocturnos.
Características Este réptil pode alcanzar unha lonxitude, dende a testa até a cola, de 6 metros e uns 95 kg de peso, aínda que, normalmente, non chega a medir máis de 5 metros de longo e os exemplares máis pequenos teñen unha lonxitude de 3 metros. O pitón da India ten unha testa tipicamente triangular, de pequeno tamaño comparado coa lonxitude do seu corpo.
Python morulus ten unha esperanza de vida en catividade duns 10 anos, aínda que se viron casos en que chegaron ós 30 anos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Daniel, JC. The Book Of Indian Snakes and Reptiles. Bombay Natural History Society
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Réptiles de Paquistán Categoría:Réptiles da India Categoría:Réptiles do Nepal Categoría:Réptiles de Sri Lanka Categoría:Réptiles de Bután Categoría:Réptiles de Bangladesh Categoría:Réptiles de Myanmar