María Isabel Fernández García, nada en Tetuán o 2 de xullo de 1949, é unha científica e profesora galega.
Traxectoria
Doutora en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1974). Foi profesora axudante de clases prácticas de Química Analítica na Facultade de Química (1971-1974), profesora adxunta de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (1975-1987), profesora de Química Inorgánica na mesma facultade (1988-2011) e catedrática do Departamento de Química Inorgánica dende 2011.
Obras 1992, Determinación de residuos de plaguicidas organofosforados en mieles de Lugo (con Mª Ángeles García Fernández). 2011, A auga. 2017, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900), 2017.«Manuela Barreiro foi pioneira en estudar na USC» Deputación de Lugo, 2024. 2021, Pioneiras de Ciencias de Lugo. Lugo: Colectivo Egeria. ISBN 978-84-09-31713-4
Recoñecementos Premio Tese Doutoral da Deputación de Pontevedra (1975). X Premio Luisa Villalta a Iniciativas Normalizadoras do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2013). VI premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na docencia e na Investigación (2015). Premio INLUGO. 1º Premio Modalidade Tecnoloxía. Deputación Provincial de Lugo (2016). Premio Divulgación Colectivo Lemos Le do IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos Balbina López Somoza, O Saviñao (2017).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en Tetuán Categoría:Nados en 1949 Categoría:Españois nados no Protectorado de Marrocos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela