Richmond Reed Carradine, coñecido como John Carradine, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1906 e finado en Milán o 27 de novembro de 1988, foi un actor de cinema dos Estados Unidos do xénero western. Comezou a súa carreira como intérprete de Shakespeare no teatro, e fixo a súa estrea no cinema en 1930 co nome de Peter Richmond. Adoptou o nome John Carradine dous anos despois.
Os seus 4 fillos tornáronse actores: David Carradine, Robert Carradine, Keith Carradine e Bruce Carradine.
Faleceu en 1988 durante unha visita á cidade italiana de Milán ós 82 anos.
Carradine, John Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Nova York