Henrique Niño Ricoi, nado o 19 de setembro de 1947 na Coruña e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 2019, foi un naturalista e divulgador galego.

Traxectoria Formouse academicamente na Academia Galicia da Coruña e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, adicándose profesionalmente á función pública en Galicia, en postos relacionados cos seus estudos.

Participou activamente nos primeiros anos de andaina da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), promovendo a conciencia ecolóxica e o activismo entre as novas xeracións.

O seu traballo como divulgador virou ao redor da produción de guías e catálogos de natureza en especial de especies botánicas en Galicia, adoito en colaboración co ilustrador Calros Silvar, entre elas a pioneira Guía das árbores de Galicia de 1997.

Obra Nomenclatura vernácula de flora vascular galega, a canda Xosé Castro González e Enrique Losada. Xunta de Galicia, 1992. Catálogo da flora vascular galega, a canda Xosé Castro González e Enrique Losada. Xunta de Galicia, 1994. Guía das árbores de Galicia. Baía Edicións, 1997/2001, con Calros Silvar. Guía dos fentos de Galicia (2008), con Calros Silvar. Árbores (2010, Baía) Guía de árboles de Euskal Herria (2013), con Calros Silvar.

Ademais produciu distintas unidades didácticas, integrando texto, ilustracións e diapositivas, sobre Baldaio, as árbores de Galicia ou os fentos de Galicia. Tamén escribiu artigos para diversas publicacións, entre elas a revista Cerna:

Flora e vexetación do castro de Elviña (Verna, nº 47, 2006). A vexetación acuática e das beiras dos cursos de auga (Verna, nº 27, 1999). A vexetación do litoral (Verna, nº 24, 1998). As matogueiras (Verna, nº 22, 1997). Outras árbores da familia salicáceas, distintas dos salgueiros, presentes en Galicia (Verna, nº 18, 1996). Salgueiros e vimieiros de Galicia (Verna, nº 15, 1995). A agricultura como fonte de enerxía (separata) (Natureza galega, 1994). Uces e queirugas de Galicia (Cerna, nº 10, 1994). Ericáceas galegas (distintas de Erica) (Cerna, nº 12/13, 1994). As ximnospermas de Galicia (Cerna, nº 6, 1993). Os toxos galegos (Cerna, nº 8, 1993). Fagales galegas (outras distintas dos Quercus) (Adega, nº 3, 1992). Os pesticidas e o seu uso (Fouce, nº 119, 1991). Pesticidas, agricultura e medio ambiente (Fouce, nº 120, 1991). Os carballos galegos (Adega, nº 2, 1991). Agricultura biolóxica para un mundo vivo (Albadabranca, nº 2, 1986). A modernidade agrícola (Albadabranca, nº 1, 1986). O millo, cultivo do pasado... con futuro? (A Nosa Terra, XI-XII, 1982).

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Naturalistas Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes