miniatura|240px|Ilustración antiga.
Lytta vesicatoria, é unha especie de insecto coleóptero da familia dos meloidos, pertencente ao xénero Lytta.
Esta e outras especies similares usáronse en medicina até principios do século XX como vesicante, en preparacións dos boticarios tradicionais coñecidas como cantáride ou mosca española. Este insecto é a fonte do terpenoide cantaridina, un axente de formación de ampolas tóxico, que tamén foi utilizado antigamente como afrodisíaco.
Os seus nomes comúns en galego son cantáride e rela (pero hai tamén outros insectos denominados rela). Tamén se denominaba cantáride ao produto resultante da desecamento do insecto e á chaga que producía na pel dos doentes tratados con ela, mediante parches, por médicos españois (de aí algúns dos seus nomes vulgares).
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Lytta vesicatoria (Linnaeus, 1758) no ITIS.
Etimoloxía Para a etimoloxía do xénero, véxase Lytta.
O epíteto específico, vesicatoria, deriva do termo latino vēsica, 'vexiga', 'ampola', 'inchazón'.
Nomes vulgares A especié é coñecida popularmente en galego cos nomes de rela e cantáride.rela, 4ª acep., no Dicionario da RAG.
En castelán coñécese como cantárida,cantárida no DRAE. mosca de España e mosca española, e en inglés como Spanish fly.Spanish fly no Merriam Webster Dictionary.
Características miniatura|240px|Recollendo cantárides. Gravado do século XIX. O insecto é de cor verde esmeralda con brillo metálico, e as súas dimensións son de 12 a 22 mm de longo e de 5 a 8 mm de ancho.
Hábitat e distribución A cantáride é unha especie distribuída principalmente no sur de Europa, aínda que a súa área de distribución descríbese máis completamente como "en todo o sur de Europa estendéndose cara ao leste de Asia Central e Siberia", e, alternativamente, como "en toda Europa e en partes do norte e o sur de Asia (excluíndo a China)". Atópase localmente no sur da Gran Bretaña e en Polonia.
Os insectos adultos viven sobre plantas das familias das caprifoliáceas e das oleáceas: oliveiras, sabugueiros, freixos, álamos etc., cuxas folla constitúen o seu alimento principal, aínda que ocasionalmente encóntranse en ameixeiras, cerdeiras, pexegueiros, abruñeiros, loureiros reais, amendoeiras, roseiras, e olmos.
Ciclo vital A defensa química da cantaridina, pola cal se coñece este escaravello, é producida só polos machos; as femias obtéñena dos machos durante o apareamento, xa que o espermatóforo contén algo desta substancia. Isto pode ser un agasallo nupcial, que aumenta o valor do apareamento coa femia e, polo tanto, aumenta a capacidade reprodutiva do macho.
A femia deposita os seus ovos fecundados no chan, preto do niño dunha abella solitaria que aniña na terra. As larvas son moi activas desde que saen do ovo. Soben a unha planta con flores e agardan a chegada dunha abella solitaria. Conéctanse á abella usando as tres garras das patas que dan ás primeiras larvas ínstar o seu nome, triungulinas (do latín tri, tres e ungulus, garra). A abella leva as larvas ao seu niño, onde se alimentan das larvas das abellas e das subministracións de alimentos que lles levan as abellas adultas. As larvas da cantáride son, polo tanto, e en certo modo, entre depredadoras e parasitas. As larvas ínstar mudan a larvas moi diferentes e máis tipicamente escaraboides para os dous ou máis estadios aínda restantes, nun tipo de desenvolvemento chamado hipermetarmorfose. Os adultos emerxen do niño das abellas e voan ás plantas leñosas nas que se alimentan.
Uso médico, e outros usos miniatura|240px|Estrutura molecular da cantaridina. O extracto de cantáride presentábase en po (obtido mediante desecamento e trituración), tintura ou aceite e emplasto. Aínda que os seus efectos eran coñecidos desde a antigüidade (o uso médico deste escaravello parte dalgunhas descricións que realizara Hipócrates), o principio activo da cantáride, o alcaloide cantaridina (C10H12O4), da que contén un 1 % aproximadamente, foi descuberto a principios do século XIX. En medicina usábase principalmente polo seu poder vesicante para o tratamento de ulceracións da pel, aplicando emplastos que supostamente axudaban a eliminar os seus líquidos perniciosos. Tamén se tratou con ela a alopecia e, por vía oral, se prescribiu como diurético e contra a incontinencia urinaria.
Á parte dos efectos vesicantes sobre a pel, a cantaridina, tomada por vía oral, afecta a mucosa gastrointestinal, onde produce epigastralxia, náuseas, vómitos e diarrea e, no urotelio, desde o ril até a vexiga, produce irritación intensa, mesmo até provocar retención urinaria e sangrado (hematuria). En pequenas doses unicamente producía molestias urinarias acompañadas de priapismo. Este efecto secundario, a erección espontánea do pene, converteu a cantáride no afrodisíaco de referencia até o século XVII, cando caeu en desuso dado o elevado número de envelenamentos que provocaba, con consecuencias mortais, que produciron tales prácticas. Só a mediados do século XVIII volveu a estar de moda, cando en Francia coñeceuse como os caramelos Richelieu: pastilles Richelieu. Tamén foi usada como abortivo, como estimulante (xa que outro dos seus efectos é o de producir insomnio e unha certa axitación nerviosa), e, directamente, como veleno; en po, mesturada coa comida, podía pasar inadvertida.
Para determinar se unha morte se producira polos efectos da cantáride recorríase a unha proba de vesicación. En concreto, unha destas probas consistía en fregar parte das vísceras do falecido, disolvidas en aceite, sobre a pel afeitada dun coello; a absorción da cantaridina e a súa acción vesicante son tales que os seus efectos se apreciaban na pel do coello.
O po de cantáride é de cor marrón amarelado tirando a marrón oliva con reflexos iridescentes, de olor desagradábel e sabor amargo; en contacto coa lingua pode apreciarse a súa acción vesicante.
Para o seu tratamento prescribíanse vomitivos e purgantes, pero nunca oleosos, dada a solubilidade da cantaridina no aceite. Polo contrario, a cantaridina é practicamente insolúbel en auga. Unha parte de cantaridina disólvese en 30 000 ou 15 000 partes de auga (fría ou fervendo, respectivamente.
A Lytta vesicatoria na literatura A literatura moderna, da man de Gabriel García Márquez, deixounos unha referencia moi descritiva da aplicación da cantáride e as súas consecuencias. Na súa novela El general en su laberinto describe os últimos momentos de Simón Bolívar; un fragmento é o seguinte:
Outra obra na que se cita a cantáride ou 'mosca española' é Violación de Chester Himes, un relato situado no París dos anos 1950 no que catro homes de raza afroamericana son acusados e condenados a cadea perpetua por violar e asasinar a unha muller americana de clase alta e que fora amante dun dos acusados e condenados. A muller, sábese desde o principio do relato, morre pola inxesta abusiva de cantáride.
La mosca española é unha novela do autor valenciano Lorenzo Galiana Gallach na que se narra unha viaxe a principios do século XIX grazas á cal se establece unha nova rota para o tráfico de cantaridina.
Na cultura popular Segundo unha crenza popular galega, as vacas que comen a rela inchan e morren.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bhattacharjee, Pradip & Brodell, Robert T. (2003): "Cantharidin". En Robert T. Brodell e Sandra Marchese Johnson, eds. Warts: Diagnosis and Management—an Evidence-Based Approach. Londres: Martin Dunitz. pp. 151–160. ISBN 1-8418-4240-0. Al-Dawsari, Najla A. & Masterpol, Kasia Szyfelbein (2016): "Cantharidin in Dermatology". Skinmed 14 (2): 111–114.
Outros artigos Meloidos
Ligazóns externas Lytta vesicatoria na ADW. Spanish Fly. Lytta vesicatoria (Linnaeus 1758) na EOL.
Categoría:Cucujiformia Categoría:Toxicoloxía Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné