Heart of a Coward é unha banda inglesa de metal progresivo procedente da cidade de Milton Keynes e formada no ano 2007.
Historia Formación Heart of a Coward formouse en 2007 na cidade de Milton Keynes, Gran Bretaña. A formación orixinal era así: Tom Webb (batería), James Timphy (guitarra, coros), Ben Marvin (voz), Ross Conor (baixo) e Carl Ayers (guitarra).
Demos e EP'S (2008-2010) Inmediatamente despois da formación de Heart of a Coward lanzou o primeiro demo Demo 2008, que tiña tres pistas. No mesmo ano, lanzou o EP Collisions, que contén cinco pistas (dúas das cales foron reeditadas). En 2009 chegou o segundo EP Dead Sea, no que se reeditaron tres pistas. O batería Tom Webb deixou a banda. No seu lugar chegou Chris Mansbridge, batería da banda Fellsilent.
Hope and Hindrance (2011-2012) A principios de 2011, anunciouse que se retiraria do grupo o vocalista Ben Marvin. Supúxose que o novo vocalista sería o cantante da banda de thrash metal Sylosis, Jamie Graham. Co novo vocalista, Heart of a Coward foi ao estudio para gravar o seu álbum debut Hope and Hindrance, que foi lanzado en 2012 . O djent sumouse ao estilo do grupo. O álbum contiña a canción "Shade", que lle deu popularidade á banda.
Severance (2012-2015) En 2012, despois do lanzamento de Hope and Hindrance o guitarrista da banda, James Thimphy, deixou a banda. No seu lugar veu Steve Haycock. Despois da renovación, a banda firmou un contrato co selo Century Media Records e comezou a gravar o segundo álbum titulado Severance, que foi lanzado en novembro de 2013. As cancións "Deadweight", "Psyhophant", "Nauseam", "Distance" lanzáronse en videoclips.
Deliverance (2015-2017) O 21 de febreiro de 2015, a banda anunciou que remataran de gravar o seu terceiro álbum. O 9 de xuño, lanzaron un vídeo para a canción «Hollow», que entrou no seu terceiro álbum de larga duración «Deliverance», que foi lanzado o 2 de outubro.
O 8 de marzo de 2017, o grupo na súa páxina de Facebook anunciou a saida do vocalista Jamie Graham, explicándoo desta maneira: "Preciso pasar máis tempo coa miña familia."
Novo vocalista (2018- presente) A principios de 2018, un novo vocalista chegou á banda, cuxo nome non foi revelado. A súa personalidade foi coñecida no videoclip "Collapse", lanzado o 25 de marzo de 2018, o novo vocalista chámase Kaan Tasan e completará a voz a futuro. Membros
Kaan Tasan — Voz (2018-presente) Carl Ayers — Guitarra, coros (2008-presente) Steve Haycock — Guitarra (2012-presente) Vishal Khetia — Baixo (2010-presente) Chris Mansbridge — Batería (2010-presente)
Membros anteriores
Tom Webb — Batería (2008-2010) Ross Conor — Baixo (2008-2010) Ben Marvin — Voz (2008-2011) James Timphy — Guitarra (2008-2011) Jamie Graham — Voz (2011-2017)
Categoría:Grupos musicais do condado de Buckinghamshire Categoría:Grupos musicais de metalcore Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 2007