El Globo foi un xornal matutino español de ideoloxía republicana fundado como o órgano do Partido Demócrata Posibilista de Emilio Castelar.Suárez Cortina (2001), p. 76 O primeiro número publicouse o 21 de marzo de 1875 e, daquela, levaba o subtítulo de «diario ilustrado» e o seu lema era: «instrución, moralidade recreo».Díaz-Mas, 2012, p. 192

Continuou sen dificultades, ata 1932.

Traxectoria O seu primeiro director fora Pedro Avial, quen tamén fora anteriormente redactor de La Nación e La Bandera Española. Posteriormente, un redactor do xornal, Joaquín Martin de Olías o mercou até que, en 1885, foi adquirido por foi adquirido por Eleuterio Maisounave, quen será tamén o seu director e comezará a época máis relevante do xornal, que en 1880 xa tiraba 25.000 exemplares, e convertérase nun dos diarios republicanos e anticlericais máis importantes.

Dende 1890 foi dirixido por Alfredo Vicenti, ata 1895 cando o abandonou en desacordo coa deriva política de Castelar. Durante este período, contou con colaboradores como Ramón María del Valle-Inclán ou Francisco Alcántara Jurado. En 1896 foi adquirido polo Conde de Romanones, que encargou a súa dirección a José Francos Rodríguez. En 1902, pasou a mans de Emili Riu i Periquet, dono da Revista de Economía y Hacienda, que tivo na súa redacción a Azorín e Pío Baroja, que durante 1903 publicou no xornal a novela "La busca" mediante entregas. O xornal tamén contou coas colaboracións de Carme Blanco Trigueros.

Rematou a publicación o 31 de maio de 1932. miniatura|Redacción de "El Globo" (1896).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas El Globo na Biblioteca Dixital da Comunidade de Madrid.

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais de España desaparecidos Categoría:Prensa republicana Categoría:Prensa anticlerical