Ferrolterra denomina a unidade territorial das terras do norte da provincia da Coruña que abrangue os vinte concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O termo foi inventado na década de 1960 pola intelectualidade ferrolá e naronesa. En certos campos engádense algúns concellos do norte da comarca de Betanzos.
O seu uso é común no ámbito turístico, considerándoa coma unha rexión turística que integra tamén o concello de Vilarmaior. Turismo de Galicia defínea como un xeodestino.
Outros exemplos do seu uso atópanse nos campos da sanidade, da educación, do sector empresarial ou deportivo. Un exemplo deste último eido é a Delegación territorial de Ferrol da Federación Galega de Fútbol que abarca tamén os concellos de Miño e Vilarmaior.
Ás veces confúndese Ferrolterra coa comarca de Ferrol.
Notas
Véxase tamén
Ferrolterra Categoría:Turismo en Galicia