Un folión é unha verbena celebrada na noite anterior ás festividades, ou ben un grupo de xente que no Entroido arma festa. Pode referirse a:

Folión dos carros, festa celebrada en Chantada e consistente na representación de oficios e escenas tradicionais da comarca; Folión de Entroido, agrupacións musicais propias do entroido das comarcas de Trives e Viana; Folión de Fachas, festa celebrada o último venres de setembro no lugar da Besta, en Vilelos; Folión de San Xoán, festa celebrada con luminarias na noite de San Xoán.

Notas