Eduardo Barcia Rodríguez, nado en Fene en 1883 e finado en Ferrol o 3 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Xornaleiro. Militante do PSOE, foi concelleiro de Fene dende a proclamación da Segunda República até 1936, pertenceu sociedade agrícola La Necesaria de Fene da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 1 de agosto con Ramón Souto González, Andrés Iglesias Garrote, Juan Sánchez Crespo e o seu irmán Francisco Barcia Rodríguez.La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 3. Foi asasinado en Ferrol. Foi sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña co importe de 200 pesetas en 1941.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Fene Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos