miniatura|I Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Muller (Pamplona, 1994).
A Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, creada en 1995, está formada por unidades de información especializadas, situadas no estado español. Os centros que a forman contan con fondos documentais especializados en estudos de xénero, feminismo e mulleres en xeral. A finalidade da Rede é potenciar a cooperación bibliotecaria e a coordinación para a solución de problemas comúns, así como a elaboración de ferramentas de traballo que faciliten o labor dos centros.
A Rede, única existente destas características no Estado, abarca case todas as Comunidades Autónomas. As bibliotecas e centros de documentación integrantes pertencen a distintas entidades e teñen en común que todas son de uso público, que os seus fondos están catalogados e organizados con procedementos normalizados, utilizan linguaxes de indización non sexistas e contan con persoal experimentado en xestión documental.
Historia O primeiro contacto entre centros de documentación e bibliotecas de mulleres tivo lugar no marco das Jornadas Feministas Estatales: Juntas y a por todas (Madrid, 1993), durante o desenvolvemento dun obradoiro relacionado coa xestión da documentación sobre mulleres.
En 1994 a Biblioteca da Muller de IPES Elkartea de Pamplona organizou o primeiro Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Muller e, en 1995, foi a Biblioteca de Mulleres de Madrid quen organizou un segundo encontro, constituíndose propiamente a Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres.
A Rede naceu co fin de servir como medio de comunicación e cooperación entre os establecementos documentais especializados en Muller e Xénero existentes en todo o estado español.
Tipoloxía de centros que integran a Rede Segundo a súa dependencia administrativa clasifícanse en catro grupos:
Dependentes dos organismos gobernamentais promotores de políticas públicas para a igualdade, das administracións estatal e autonómicas. Bibliotecas e centros de información e recursos da administración local vinculados a concellos e deputacións. Bibliotecas de asociacións afíns ao movemento feminista, Servizos de documentación dos centros de investigación universitaria.
Centros de documentación e bibliotecas de mulleres integrados na Rede miniatura|V Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Telde, 1998)|alt= Centros integrados na Rede, por Comunidades Autónomas:miniatura|VII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Valladolid, 2000)|alt=Andalucía:
Centro Europeo das Mulleres "Mariana de Pineda" do Servizo de Igualdade de Oportunidades. Concello de Granada. Biblioteca da Delegación de Igualdade e Mocidade. Deputación de Granada. Biblioteca-Centro de Documentación do Servizo de Igualdade de Xénero. Deputación de Málaga Centro de Documentación "María Zambrano". Instituto Andaluz da Muller Biblioteca do Instituto de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. Universidade de Granada
Aragón:
Centro de Documentación e Biblioteca. Instituto Aragonés da Muller
Castela-A Mancha:
Centro de Documentación. Instituto da Muller de Castela-A Mancha
Castela e León:
Centro de Documentación e Biblioteca da Muller de Valladolid Biblioteca do Centro de Estudos da Muller. Universidade de Salamanca
Cataluña:
Centro de Recursos e Asesoramento para as Mulleres de Badalona. Programa Municipal para a Muller Biblioteca Francesca Bonnemaison Centre de Documentación Ca La Dona Centro de Documentación "Joaquima Alemany i Roca". Instituto Catalán das Mulleres Centro de Estudos e Documentación das Mulleres do Seminario Interdisciplinar de Estudos da Muller. Centre "Dolors Piera" de Igualdade de Oportunidades e Promoción das Mulleres. Universidade de Lleida
alt=VIII Encontro de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Vigo, 2001)|miniatura|VIII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Vigo, 2001) Comunidade de Madrid:
Servizo de Documentación e Biblioteca "Clara Campoamor". Concello de Alcobendas Centro de Documentación de Igualdade de Oportunidades. Concellería de Familia e Benestar Social. Concello de Móstoles. Centro de Documentación. Instituto da Muller. Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade de España Biblioteca do Instituto Universitario de Estudos da Muller. Universidade Autónoma de Madrid.
Comunidade Valenciana:
Biblioteca da Muller. Generalitat Valenciana
Galicia:
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Concellaría de Igualdade. Concello de Vigo
alt=|miniatura|XVII Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (Bilbao, 2010)Navarra:
Centro de Documentación-Biblioteca de Mulleres. Fundación IPES Centro de Documentación. Instituto Navarro para a Familia e Igualdade
País Vasco:
Centro de Documentación de Mulleres “Maite Albiz” Centro de Documentación. Emakunde/Instituto Vasco da Muller
Principado de Asturias:
Centro de Documentación. Instituto Asturiano da Muller
A Rioxa:
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller. Centro Asesor da Muller
Encontros anuais da Rede As liñas principais de actuación son definidas en encontros anuais que son organizados por centro diferentes en distintas localidades: +Edición Ano Lugar Entidade organizadora I 1994PamplonaBiblioteca da Muller de IPES ElkarteaII1995MadridBiblioteca de MulleresIII 1996GranadaInstituto de Estudos da Muller da Universidade de GranadaIV1997BarcelonaCentro de Documentación do Instituto Catalán das MulleresV1998TeldeCentro de Documentación de Mulleres do Concello de TeldeVI1999MéridaCentro de Estudos e Documentación da Fundación "8 de Marzo"VII2000ValladolidCentro de Documentación da Muller da Asociación "Rosa Chacel" VIII2001VigoBiblioteca/Centro de Documentación da Asociación AlecrínIX2002XixónCentro de Documentación da Concellalía da Muller do Concello de XixónX2003VitoriaCentro de Documentación de Emakunde-Instituto Vasco da MullerXI2004MurciaCentro de Documentación do Instituto da Muller da Rexión de MurciaXII2005SevillaCentro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da MullerXIII2006MálagaCentro de Documentación do Servizo Provincial da Muller da Deputación de MálagaXIV2007AlcobendasServizo de Documentación e Biblioteca "Clara Campoamor" do Concello de AlcobendasXV2008PalenciaCentro de Documentación da Muller en Castela e León da Asociación de Mulleres Palentinas para a DemocraciaXVI2009BarcelonaBiblioteca Francesca Bonnemaison de BarcelonaXVII2010BilbaoCentro de Documentación de Mulleres "Maite Albiz"XVIII 2011 L'Hospitalet de LlobregatPrograma Municipal da Muller do Concello de L'HospitaletXIX2012VigoCentro de Documentación e Recursos Feministas da Concellaría de Igualdade do Concello de VigoXX2013GranadaInstituto de Estudos da Muller da Universidade de GranadaXXI2014ToledoCentro de Documentación do Instituto da Muller de Castela-A ManchaXXII2015SalamancaCentro de Estudos da Muller da Universidade de SalamancaXXIII2016OviedoCentro de Documentación do Instituto Asturiano da MullerXXIV2017BarcelonaCentro de Documentación "Joaquima Alemany i Roca" do Instituto Catalán das MulleresXXV2018SevillaCentro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da MullerXXVI2019ValenciaBiblioteca da Muller. Generalitat Valenciana
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Documental "Red de Bibliotecas de Mujeres: 25 años de historia" Directorio da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres (2017) Catálogos en liña de Centros da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres Blog da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
Categoría:Organizacións feministas Categoría:Bibliotecas de España