Lev Semenovich Vigotski (en cirílico Лев Семенович Выготский) nado o 17 de novembro de 1896 en Orša e finado o 11 de xuño de 1934, foi un psicólogo soviético estudoso da psicoloxía do desenvolvemento e fundador da psicoloxía histórico-cultural.

Contribucións Unha das máis grandes contribucións de Lev Vigotski á psicoloxía é a concepción que tiña do ser humano. Vigotski consideraba que os homes e mulleres son seres eminentemente sociais, até o punto de afirmar que o seu desenvolvemento lévase a cabo primeiramente na esfera social que os rodea, e logo interiorízase.

O coñecemento, así como calquera outra dimensión psicolóxica da persoa (linguaxe, razoamento etc.) son produtos sociais que a persoa desenvolve en sociedade e que vai interiorizando a medida que crece.

Obra A imaxinación e a expresión artística na infancia*Ficha do libro na web de Kalandraka.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Zona de desenvolvemento próximo

Categoría:Psicólogos da Unión Soviética Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados en Orša Categoría:Finados en 1934 Categoría:Finados por tuberculose