Marie-Louise Lachapelle, nada en París o 1 de xaneiro de 1769 e finada na mesma cidade o 4 de outubro de 1821, foi unha comadroa francesa, que chegou a desempeñar o cargo de xefa de obstetricia no Hôtel-Dieu de París, o hospital máis antigo de París. Publicou libros de texto sobre anatomía da muller, xinecoloxía e obstetricia.Historia de las Mujeres en la Ciencia para Jóvenes. Vivian Sheldon Epstein. 1995. VSE Editorial. ISBN 978-0-9601002-7-9. páx. 35 Era contraria ao uso dos fórceps e escribiu Pratique des accouchements, que se converteu durante moito tempo no texto de obstétrica estándar, e en que promoveu os partos naturais. Lachapelle é considerada xeralmente a nai da obstetricia moderna.
Traxectoria Lachapelle naceu en París, filla única dunha coñecida comadroa, Marie Jonet, e de Louis Dugès, un funcionario de saúde.Diccionario de las mujeres célebres. A. Jourcin i Ph Van Tieghem. 1970. Páx. 150 Ademais, a súa avoa tamén era comadroa. Moi nova, comezou a traballar como matrona grazas ás ensinanzas recibidas dende nena da súa nai. En 1792, casou cun cirurxián que traballaba no Hôpital Saint-Louis.Annuaire nécrologique ou complément annuel et la continuación de toutes les biografías ou Dictionnaires historiques. Mahul, A. París, Ponthieu de 1822. Vol. 2. Páx. 229
Entre 1792 e 1795, deu a luz unha filla e deixou de traballar, mais a morte do seu home, acontecida tras tres anos de matrimonio, convertérona na única responsable do mantemento da súa filla, o que supuxo ter que volver traballar como comadroa.El Diccionario Biográfico de Mujeres en la Ciencia: LZ. Marilyn Bailey Ogilvie. 2000. Taylor & Francis. páxina 731
A súa filla non seguiu a tradición familiar de especializarse para ser comadroa e ingresou nun convento.Napoleón y la cuestión de la mujer: Discursos del otro sexo en la educación francesa, Medicina y Derecho Médico 1799-1815, June K. Burton. 2007. Texas Tech University Press. Páx. 98
Lachapelle faleceu de cancro de estómago en 1821 logo dunha curta enfermidade.
Carreira Mentres a súa nai aínda vivía, reorganizárase a sala de maternidade, e Lachapelle asistía a súa nai como matrona xefa asociada. Á idade de doce anos, xa asistía en partos complicados.
Trala morte da súa nai, Lachapelle herdou a posición que esta tiña como xefa no Hôtel-Dieu, o hospital público máis grande de París, en 1797. O hospital asistía os pobres e foi apoiado economicamente por Notre Dame de París. Era o mellor hospital obstétrico do seu tempo e era coñecido pola súa escola de matronas. Pasou parte de 1796 e 1797 ampliando os seus estudos de obstetricia con Franz Naegele.June K. Burton casts that into doubt: Napoleon and the woman question: Discourses of the other sex in French education, medicine, and medical law 1799-1815, páx. 101
Jean-Louis Baudelocque deuse de conta da necesidade dunha escola organizada de comadroas. Debido á experiencia médica de Lachapelle e a súa reputación, foille solicitado que dirixise a nova escola normal de comadroas, e o hospital para nenos que o goberno de Napoleón estableceu en Port Royal, a Maternidade. Coa finalidade de incrementar aínda máis os seus coñecementos en obstetricia, Lachapelle foi a Heidelberg para estudar, e logo regresou a París, onde se converteu en xefa da maternidade e o hospital de nenos do novo Hospicio da Maternidade, unha rama do Hôtel-Dieu de Port Royal.Enciclopedia Espasa. Volume 29. P. 174. 1916. ISBN 84-239-4529-4
Lachapelle faleceu sen rematar o seu libro, que foi finalizado polo seu sobriño Antoine Louis Dugès, tamén obstetra, que o publicou en 1825 baixo o título Pratique des accouchements; ou Mémoires et observaciones choisies, sur les points les plus importants de l'art. O libro foi moi influente en todo o século XIX. Nel púxose en evidencia o seu rexeitamento ao emprego de fórceps no parto para a maioría dos casos e avogou por unha intervención mínima polos médicos durante o mesmo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1769 Categoría:Finados en 1821 Categoría:Médicos de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa