Rhinopithecus strykeri é unha especie de primates catarrinos da familia dos cercopitécidos orixinaria do norte de Birmania e a zona adxacente de China. A especie foi descuberta en 2010 e estudada polo equipo dixido por Geissmann. O nome da especie foi escollido en homenaxe ao filántropo Jon Stryker. Estímase que a poboación coñecida está formada por 260-330 individuos.
Aínda que as primeiras análises centráronse nun cranio, en 2012 chegaron a rexistrarse imaxes dalgúns individuos.
A choiva supostamente fai que esbirre debido á curta pel arredor do seu fociño empinado. A xente da zona informa de que se senta coa cabeza dirixida cara a abaixo, agochando a cara entre os xeonllos cando chove, seguramente para protexer o nariz da entrada de auga.
Aínda que a especie é nova para a ciencia, non o é para os cazadores da zona, que lle chaman "nwoah mey" ou "mono coa cara volta cara arriba", en dialecto local. Este mono está ameazado pola desaparición do seu hábitat natural e pola caza.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Especies ameazadas Categoría:Animais descritos en 2010 Categoría:Mamíferos de Myanmar Categoría:Mamíferos da China