Devilman Crybaby (en ; estilizado como DEVILMAN crybaby) é un anime xaponés baseado no manga de Go Nagai, Devilman. Foi dirixido por Masaaki Yuasa e escrito por Ichirō Ōkouchi, e estreouse o 5 de xaneiro de 2018 a través de Netflix como unha das súas series orixinais.
A serie é unha adaptación máis directa do material fonte que outras adaptacións previas, cubrindo o argumento completo do manga. Porén, fixéronse varias alteracións no argumento, como unha ambientación máis moderna, o engadido de máis personaxes e caracterizacións diferentes.
Sinopse Na serie, Akira Fudo é informado polo seu mellor amigo, Ryo Asuka, de que unha antiga raza de demos regresou para arrebatarlle o poder sobre o mundo ós humanos. Crendo que o único xeito de derrotar un demo é facerse cos seus poderes, Ryo provoca que Akira fusione o seu corpo co dun demo. Logo diso, Akira transfórmase en Devilman, adquirindo os poderes dun demo mais conservando a súa alma de humano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión do Xapón Categoría:Series de televisión de Netflix