Clara Isabel Grima Ruiz, nada en Sevilla o 26 de xaneiro de 1971, é unha matemática española e divulgadora científica. É doutora en matemática pola Universidade de Sevilla.

Biografía É presidenta da Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española. Como divulgadora publicou ducias de artigos de divulgación científica en prensa, a través do eldiario.esartigos en eldiario.es Jot Downartigos en jotdown.es e tecnoxplora.com artigos en Xplora así como na plataforma de divulgación científica naukas. É autora xunto con Raquel Garcia i Ulldemolins, do blog de divulgación para nenos Mati y sus mateaventuras.Mati y sus mateaventuras É coautora dun libro de divulgación científica para nenos titulado Hasta el infinito y más allá.Agencia sinc libro de mati y sus matiaventuras Tamén participa nun programa de radio/podcast de sevillawebradio chamado Los 3 chanchitos.3chanchitos En Televisión colaborou na primeira e segunda tempada do late night de humor e ciencia Órbita Laika de La 2. En 2016 estrea a obra de teatro Científicas: pasado, presente y futuro, onde interpreta a Rosalind Franklin.

En 2018, xunto cun equipo multidisciplinar, describe unha nova forma xeométrica denominada escutoide, publicada na revista Nature Communications. O descubrimento foi o resultado dunha investigación do Departamento de Bioloxía Celular e o Instituto de Biomedicina de Sevilla da Universidade de Sevilla dirixida por Luis M. Escudero. Segundo explica a mesma Clara Grima, o obxecto descubriuse «mirando non aos ollos senón ás glándulas salivares da mosca da froita», e tendo en conta os diagramas de Voronoi.​

Premios Premio 20Blogs 2011 Premio Bitácoras ao Mellor Blog de Educación 2011 Premio Prismas 2013 de Traballos Multimedia por Mati y sus mateaventuras, presentado con Raquel García Ulldemolins. Premio COSCE a la Difusión de la Ciencia 2017Premio COSCE a la Difusión de la Ciencia 2017 Prisma Especial del Jurado 2018Nuño Domínguez, redactor de ‘Materia’, gana el premio de periodismo científico más prestigioso de España en www.elpais.com

Algunhas publicacións

Libros de divulgación como coautora

Libros de divulgación

Libros científicos Computational Geometry on Surfaces (Springer-Science+Business Media, 2001)Tese de doutoramento sobre Xeometría computacional

Notas

Véxase tamén Outros artigos Escutoide Ligazóns externas Ficha de persoal na Universidade de Sevilla ¿Por qué tan pocas?. Clara Grima

Categoría:Científicos de España Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1971 Categoría:Matemáticos de España