O triqui ou trique é unha macrolingua pertencente á familia otomangueana que se fala no occidente do estado de Oaxaca, México, aínda que posúe tamén unha comunidade lingüística en varios núcleos urbanos do centro do país e os estados de Sonora e Baixa California, onde os indíxenas triqui traballan nos campos de cultivo. Segundo datos de 2010 tiña 26 000 falantes.
Clasificación As linguas triquis, xunto coa lingua mixteca e a lingua cuicateca, forman parte do grupo lingüístico mixtecano da gran familia otomangueana.
Notas
Categoría:Linguas de México