A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza"CORRECCIÓN de erros.-Decreto 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia" Diario Oficial de Galicia nº 71 do 15/04/1997. ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

Demografía Padrón municipal 2020 66.063 habitantes Menores de 15 anos 8.933 (13,52 %) Entre 16 e 64 anos 42.257 (63,96 %) Maiores de 65 anos 14.873 (22,51 %)

Galería de imaxes

miniatura|centro|600px|Panorámica dende A Curota

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Península do Barbanza Serra do Barbanza

Ligazóns externas "DECRETO 65/1997, do 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia" (DOG nº 63, de 3.04.1997)

Barbanza, Comarca da