Sofía de Grecia (Sofía Margarida Vitoria Frederica de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg), nada en Atenas o 2 de novembro de 1938, é princesa de Grecia e Dinamarca e a raíña consorte de España polo seu matrimonio con Xoán Carlos I de España desde o 22 de novembro de 1975 ata o 19 de xuño de 2014, data da abdicación do Rei e do acceso á xefatura do Estado do seu fillo Filipe VI. Ostenta de forma vitalicia o título honorífico de Raíña.

Xenealoxía Sofía é a filla primoxénita de Paulo I, rei dos Helenos, e da súa esposa Frederica de Hannover. O rei Paulo era o fillo de Constantino I de Grecia e da súa muller Sofía, nada princesa de Prusia. Frederica era a filla de Ernesto Augusto de Hannover e da súa muller, Luísa Vitoria de Prusia, sobriña da propia raíña de Grecia, polo que o rei Paulo era curmán da nai da súa propia muller.

Traxectoria Durante a súa infancia, en 1941, tivo que abandonar Grecia xunto a toda a súa familia por mor da invasión alemá durante a segunda guerra mundial, permanecendo no Cairo, Exipto e Suráfrica ata a súa volta en 1946. Aos poucos meses, o 1 de abril de 1947, o rei Xurxo II morreu e ocupou o trono o seu irmán, Paulo I, pai de Sofía. A princesa cursou estudos de pediatría, música e arqueoloxía. Traballou de enfermeira nunha maternidade de Atenas. Formou parte como suplente da selección grega de vela durante os Xogos Olímpicos de 1960, celebrados en Roma.

O 8 de xuño de 1961 asistiu en Londres á voda dos duques de Kent, onde coincidiu co entón príncipe Xoán Carlos de Borbón y Borbón. Un ano máis tarde, o 14 de maio de 1962, contraeron matrimonio en Atenas polos ritos católico e ortodoxo.

O matrimonio tivo tres fillos: S.A.R. a Infanta Helena n. 20 de decembro de 1963. S.A.R. a Infanta Cristina n. 13 de xuño de 1965. S.A.R. Filipe, príncipe de Asturias, n. 30 de xaneiro de 1968.

O 19 de xullo de 1969, Francisco Franco designou ao príncipe Xoán Carlos como sucesor a título de Rei, polo cal, e ata o momento da súa ascensión ao trono, tanto Xoán Carlos como a súa esposa ostentarían a dignidade de Príncipes de España, evitando a tradicional de Príncipes de Asturias. Trala morte de Franco, Xoán Carlos de Borbón foi proclamado Rei de España, o 22 de novembro de 1975, sendo Sofía a raíña consorte.

A Raíña é Académica de Honor da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia da Historia. Recibiu o Doutoramento Honoris Causa polas Universidades de Rosario (Bogotá), Valladolid, Cambridge, Oxford, Georgetown, Évora e Nova York. Algunhas institucións culturais e musicais españolas levan o seu nome, como a Escola Superior de Música Raíña Sofía, o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía ou o Palacio das Artes Reina Sofía de Valencia. Do mesmo xeito que o de toda a familia real helena, a súa orixe familiar é fundamentalmente dinamarqués, con importantes alianzas alemás e rusas.

Títulos

Esta é unha lista de títulos e tratamentos que a raíña ostentou desde o seu nacemento: A súa Alteza Real a Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca (1938-1962) A súa Alteza Real a Princesa Sofía de España (1962-1969) A súa Alteza Real a Princesa de España (1969-1975) A súa Maxestade a Raíña de España (Desde 1975)

Distincións honoríficas españolas 50px Dama gran colar da Real e Distinguida Orde de Carlos III. 50px Dama da Orde das Damas Nobres de María Luisa.

Ascendencia

Véxase tamén Outros artigos Familia real española

Ligazóns externas Sitio web oficial da Casa Real Fundación Reina Sofía Árbore xenealóxica da Raíña Sofía Biografía oficial

Categoría:Familia real española Categoría:Raíñas consortes de España Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1938 Categoría:Españois de ascendencia inglesa