Gish é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado o 28 de maio de 1991 a través do selo Caroline Records. O álbum foi chamado así pola actriz Lillian Gish, admirada por Billy Corgan. Foi gravado dende decembro de 1990 ata marzo de 1991 nos Smart Studios de Butch Vig (que foi o produtor do disco) en Madison.
Os temas "I Am One", "Rhinoceros", "Bury Me", e "Daydream" aparecen xa nas súas demos de 1989. Os catro temas foron re-gravados para Gish. Seis temás máis foron composto e gravados para o disco, pero finalmente non se incluíron e apareceron noutras edicións da banda.
James Iha mencionou que mercou a súa primeira guitarra Gibson Les Paul para a gravación do Gish. El usou ese modelo de guitarra case exclusivamente ata o Adore de 1998.
A pesar de só acadar o número 196 da lista Billboard 200 despois da súa edición, en maio de 2005 o disco xa vendera 1,1 millóns de copias nos Estados Unidos.
Lista de cancións
Sinxelos "Siva" foi unha edición limitada en 12" e CD con "Window Paine". "Rhinoceros" apparecía no Lull EP. "I Am One" foi reeditada como sinxelo en CD con "Plume" e "Starla". "Tristessa", un sinxelo anterior á gravación do álbum que non foi reeditado.
Descartes As seguintes cancións foron escritas e gravadas para Gish pero non entraron no disco. Todas elas serían editadas en futuros lanzamentos. "Blue" (editada no Lull EP e no Pisces Iscariot) "Obscured" (editada no Pisces Iscariot) "Slunk" (released on the Lull EP) "Why Am I So Tired?" (editada en Earphoria) "Jesus Loves His Babies" (nunca editada oficialmente, aparece en Mashed Potatoes, cinco discos feitos por Billy Corgan e dados á banda e aos seus axudantes como regalo de Nadal en 1994) "La Dolly Vita" (orixinalmente a cara-B de "Tristessa", reeditada no Pisces Iscariot)
Categoría:Álbums de The Smashing Pumpkins Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Butch Vig Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Caroline Records