Cisxénero (abreviado cis) é aquela identidade de xénero que coincide co sexo asignado ao nacer. O oposto a cisxénero é transxénero.

O prefixo cis- non é un acrónimo ou abreviatura doutra palabra, senón que deriva do latín e significa deste lado. Cuñado en 1994, o termo cisxénero comezou a engadirse a diferentes dicionarios en 2015 como resultado dos cambios na forma de concibir o xénero no discurso popular internacional.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diversidade sexual Sistema de xénero Heterosexualidade

Categoría:Xénero Categoría:Sexualidade