Óscar Carreira Amandi, nado en Tui o 9 de maio de 1991, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.
Traxectoria En 2013 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Mortemor, logrando unha cuarta posición na categoría K-4 1000 metros, xunto aos seus compañeiros Javier Hernanz, Rodrigo Germade e Iñigo Peña. Co mesmo equipo participou ese ano no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas en Duisburgo, conseguindo unha oitava posición. O ano seguinte competiron no Mundial celebrado en Moscova, pero foron descualificados.
Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo de 2015, na proba de K4 1000 m, cos mesmos compañeiros.«Óscar Carrera» en CanoeResults.eu . Ese ano competiron tamén no Mundial celebrado en Milán, obtendo a sexta praza final. Participaron ao ano seguinte nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016, obtendo o 5º lugar na proba de K4 1000 m.«Óscar Carrera» en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) .
Tras os Xogos o equipo mudou: saíron Rodrigo Germade e Iñigo Pena e entraron Javier Cabañín e Rubén Millán. No Mundial de 2017, na República Checa, o equipo finalizou en cuarta posición.
Ademais adestra ás categorías de base do Club Ría de Betanzos.
Recoñecementos En 2016, o Concello de Tui engadiu o seu nome no monumento aos deportistas olímpicos da vila, na Rúa Olímpicos Tudenses.
Palmarés Internacional Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2015 Račice () Bronce K4 1000 m
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do deportista. Páx. do Comité Olímpico Español .
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Tui Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2016