A Segunda República Española foi o réxime político democrático que rexeu España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o de quen se sublevaron contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ao bando leal a ela, o republicano).
Símbolos da II República miniatura|250px|Bandeira da II República
Escolléronse como distintivos do Estado os símbolos republicanos adoptados popularmente durante o século XIX. Como bandeira escolleuse a tricolor de tres franxas horizontais, vermella, amarela e morada. O escudo era semellante ó monárquico anterior, aínda que a coroa monárquica foi substituída pola coroa mural. Como himno nacional adoptouse o Himno de Riego, coñecido durante gran parte do século XIX por ser o himno nacional tamén durante o trienio liberal de 1820-1823. Viña a substituír a Marcha Real.
Proclamación miniatura|Alegoría da Segunda República Española. Trala dimisión do ditador Miguel Primo de Rivera, o rei Afonso XIII intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante Juan Bautista Aznar convocou unha rolda de eleccións, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da monarquía.
O 12 de abril de 1931 celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente se saldaron coa vitoria monárquica nas urnas (26.257 concelleiros monárquicos fronte a 24.731 republicanos),Estes datos corresponden ós da segunda volta das eleccións segundo o Anuario Estatístico de 1931. Na primeira rolda, do 5 de abril, elixíronse ós concelleiros por aplicación do artigo 29, é dicir, por candidatura única. Estes resultados deron 14.018 concelleiros monárquicos e só 1.832 republicanos. Porén, non se saben os datos con exactitude, xa que este Anuario non é fiable. Miguel Martínez Cuadrado outorga 19.035 concelleiros ós monárquicos, 39.568 ós republicanos e 15.198 a tradicionalistas, integristas, nacionalistas vascos, independentes etcétera, na súa obra Elecciones y partidos políticos en España. Para Javier Tusell os monárquicos obtiveron 40.324, os indefinidos 1.207, os comunistas 67, os republicanos 34.688 e os socialistas 4.813. De tódolos xeitos en Madrid os republicanos obtiveron o triplo de votos cós monárquicos, e en Barcelona o cuádruplo. cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó triunfaren nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia), é dicir, os núcleos menos vulnerables á influencia do caciquismo e á perversión do sistema electoral de 1907, que impedía a celebración de eleccións cando non houbera listas enfrontadas. Estes resultados colleron de sorpresa tanto a monárquicos coma a republicanos, xa que os monárquicos pensaban que a situación non pasaba de difícil.Tusell (2005), p. 205 Juan Bautista Aznar preguntado sobre a posibilidade dunha crise política respondeu:
Así o entendeu a elite monárquica e o propio rei, que constataron a falta de apoio popular á orde estabelecida. Afonso XIII consulta ós membros leais da milicia sobre os apoios para manter o trono, pero non foron rotundos. Tan só Juan de la Cierva propón erguerse en armas para evitar a quebra do sistema.Casanova (2007), pp. 14-15. O monarca renunciou á coroa e así abriuse paso á proclamación da República. De tal xeito o 14 de abril de 1931 fíxose público o seguinte manifesto que ó día seguinte publicou ABC (diario moi próximo á coroa) en portada:
A II República Española proclamouse finalmente o 14 de abril de 1931: a tradición indica que a primeira cidade na que se izou a bandeira tricolor foi Éibar (Guipúscoa), aínda que outras (Vigo, por exemplo) xa o fixeran na noite do 13. Tras Éibar seguiron as principais cidades españolas, como Madrid ou Sevilla. En Cataluña, Francesc Macià proclamaba a República Catalá e o Estado catalán como integrante da Federación Ibérica, convidando ós demais pobos de España a unírense en federación.
Pola súa parte, Afonso XIII abandonou o país aconsellado polos seus ministros, sen abdicar formalmente, trasladándose a París, e fixando posteriormente a súa residencia en Roma. En xaneiro de 1941, abdicou en prol do seu terceiro fillo Juan, finando o 28 de febreiro do mesmo ano.
O escritor eibarrés Toribio Echevarría redacta, no seu libro Viaje por el país de los recuerdos a proclamación da Segunda República en Éibar desta maneira:
miniatura|Xentío en Barcelona trala proclamación da República. Na mesma data da proclamación asume o poder o goberno deseñado no Pacto de San Sebastián. Así pois, este comité revolucionario, presidido polo político ex-monárquico Niceto Alcalá Zamora, convértese no goberno provisorio da República e o seu presidente no xefe do Estado. O mesmo 14 de abril, Niceto Alcalá-Zamora realiza un discurso como presidente provisional da República, emitido por Unión Radio. Nel proclama a Segunda República Española:
Este goberno desenvolveu o seu labor dende o 14 de abril até o 14 de outubro de 1931. O obxectivo principal do goberno provisorio era a convocatoria de eleccións a Cortes constituíntes, mais realizou tamén un importantísimo labor lexislativo, sobre todo no referente á cuestión agraria. As eleccións celebráronse o 28 de xuño e deron de novo o triunfo á alianza republicano-socialista.
Resultados electorais nas principais cidades galegas (12-04-1931) RepublicanosSocialistasMonárquicosAgrariosOutrosA Coruña3315 Lugo3421 Ourense74111 Pontevedra19 7 1Ferrol13137 Santiago19 13 Vigo19 18
A proclamación nas cidades galegas miniatura|15 de abril de 1931, proclamación da república en Faro de Vigo. A prensa da época informou da proclamación da República nas cidades galegas do seguinte xeito: A Coruña: Lugo:
Contexto histórico adverso A II República Española comezaba a súa andaina no marco da crise económica máis grave da historia: o crac da Bolsa de Nova York de 1929 e a Gran Depresión. Aínda que non azoutou a España coa mesma intensidade que a outros países máis desenvolvidos, a crise provocou o aumento do desemprego e o estancamento da produción. En Europa esta perda do nivel de vida derivada da crise fixo temer ós gobernantes unha revolución como a rusa de 1917. Así, no contexto desta crise, avanzaban en Europa as solucións ditatoriais, autoritarias ou fascistas. A República herdaba tamén as consecuencias dos erros económicos da ditadura de Miguel Primo de Rivera. A crise da peseta, que non soubo atallar durante a ditadura o ministro de Facenda José Calvo Sotelo, provocou, ante a chegada da República, que os ricos traspasaran parte do seu diñeiro ó exterior (até 917 millóns de pesetas entre o 1 de abril e o 30 de xuño, cantidade equivalente ó 15% dos depósitos totais), temerosos das reformas fiscais ou mesmo da revolución social. Esta retirada de capital, xunto coa limitación dos investimentos, provocou un novo aumento do desemprego, principalmente no campo. Isto provocou un clima de tensión que estaría presente durante toda a República. Houbo unha polarización política motivada polos novos dereitos individuais como o de participación libre e democrática nas eleccións ou o de asociación ou sindicación.
Etapas Bienio republicano-socialista
miniatura|300px|Resultado das eleccións a Cortes Constituíntes, celebradas o 28 de xuño de 1931 O bienio republicano-socialista, tamén coñecido como Bienio reformista polas numerosas e importantes reformas feitas, foi o período comprendido entre abril de 1931 e novembro de 1933. Tiña por diante grandes retos como a aprobación da Constitución republicana e dos estatutos de autonomía.
Constitución de 1931 O 14 de xullo de 1931 as Cortes iniciaron as súas sesións baixo a presidencia do socialista Julián Besteiro. No comezo da súa andaina as Cortes referendaron os decretos elaborados polo goberno provisional e crearon unha comisión encargada de redactar a Constitución. O 29 de agosto Luis Jiménez de Asúa presentaba a primeira redacción da Constitución, para posteriormente discutirse artigo por artigo. Os debates parlamentarios foron moi intensos, sobre todo o dos artigos 26-27 (relacionados coas congregacións relixiosas e o seu financiamento) e o 44 (referente á expropiación de terras). As crises derivadas das discusións deste artigos fixeron dimitir ó Presidente do goberno Niceto Alcalá-Zamora, mais este volveu á presidencia animado por Manuel Azaña.
miniatura|page=7|esquerda|Constitución española de 1931. Tras case 4 meses de discusións, o 9 de decembro a Constitución foi aprobada en Cortes con 368 votos a favor, 89 ausencias e ningún voto en contra. O feito de non ser ratificada en referendo popular impediu coñecer o grao de apoio cidadán, e outorgou motivos á dereita para deslexitimala. Algúns artigos da Constitución española de 1931 que caben destacar son: España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e xustiza. Todos os españois son iguais ante a lei. O Estado español non ten relixión oficial. A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. Se unha ou varias provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns acordaran organizárense en rexión autónoma, presentarán o seu Estatuto. En caso ningún se admite a federación das rexións autónomas. O Congreso dos deputados componse de representantes elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto. Os cidadáns dun ou doutro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais. Os españois poderán asociarse e sindicarse libremente. A renuncia de España á guerra como instrumento das relacións internacionais. Prohibición da retirada de España da Sociedade de Nacións sen mediar previamente unha lei votada en Cortes.
350px|miniatura|Caderno persoal da Constitución española do 1931 En resumo, a Constitución era unha carta democrática que superpoñía o poder lexislativo, amparaba unha economía mixta e declaraba o estado como laico.
Reformas Trala aprobación da Constitución o 9 de decembro confirmouse a Niceto Alcalá-Zamora como Presidente da República, e o 15 de decembro nomeouse a Manuel Azaña como Presidente do goberno.
Cuestión relixiosa No momento da proclamación da República a xerarquía eclesiástica era moi conservadora, mais este enfrontamento entre Igrexa e Estado agravouse trala aprobación da Constitución. Por outra banda os sentimentos dividíanse: a dereita defendía que se mantiveran os privilexios concedidos á Igrexa, mentres que entre algúns republicanos de esquerda e sindicalistas medraba un forte sentimento anti-clerical que se chegou a manifestar en queimas de igrexas.
O goberno neste eido levou á práctica unha política de secularización. A Lei de Confesións e Congregacións relixiosas, sancionada polo presidente da República o 2 de xuño de 1933, agravou a reacción contraria da Igrexa católica. Ó día seguinte de sancionada a Lei o Papa Pío XI daba a coñecer unha carta encíclica contraria á lei.
Entre as medidas tomadas destacan: separación da Igrexa do Estado, a liberdade de cultos, o matrimonio civil, a secularización dos cemiterios, a extinción do orzamento do clero (vixente dende o Concordato de 1851), o divorcio e a prohibición da educación dirixida por eclesiásticos. Expulsouse tamén a Compañía de Xesús, por gardaren tan só lealdade ó Papa.
Reforma do exército