Laura Pérez-Lago é o nome científico de Laura Pérez García, nada o 9 de xuño de 1976 na Coruña, científica e investigadora galega, farmacéutica e bioquímica que desenvolve as súas investigacións no campo da Micobacteroloxía, utilizando a bioloxía molecular para estudar diferentes aspectos da infección por Mycobacterum tuberculose.

Traxectoria

Académica Laura Pérez García licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e en Bioquímica na Universidade Autónoma de Madrid en 2001.

Realizou a súa tese doutoral cunha bolsa de Formación de Persoal Investigador (FPI) da Comunidade de Madrid, no laboratorio de Margarita Salas do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBMSO-CSIC-UAM). A Tese leuna na Universidade Autónoma de Madrid o 23 de febreiro do 2007 co título (en galego), Especificidade na interacción da proteína p4 co DNA e formación do complexo regulador da transcrición do bacteriófago phi29, dirixida pola doutora Ana Camacho Pedrero.

Investigadora O traballo de investigadora centrouno no estudo das enfermidades infecciosas e levouno a cabo no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa entre os anos 2007 e 2010), realizando investigación básica no estudo de funcións básicas do bacteriólogo phi29.

No ano 2010, cun contrato Juan de la Cierva do Ministerio de Ciencia e Innovación, traballou no Servizo de Microbioloxía do Hospital General Universitario Gregorio Marañón con Darío García de Viedma no grupo de Micobacterioloxía molecular.

Desde o ano 2016 ten contrato Miguel Servet tipo I do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII).

Publicacións Publicou artigos científicos en revistas internacionais:

Journal of Clinical Microbiology. CDC. Centers for Diseases Control and Prevention. PubMed. Eurosurveillance. Frontiers in Microbiology. Plos One. Digital.CSIC.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bioquímicos de Galicia Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes