Krasnoiarsk, en ruso Красноярск, é unha cidade de Rusia, o centro administrativo do krai de Krasnoiarsk.
Xeografía A cidade encóntrase situada a ambas as beiras do río Ienisei e en 2017 tiña unha poboación de 1 083 865 habitantes (688 000 en 1972, 412 000 en 1959 e 190 000 en 1939).
Historia O gobernador (voivoda) Andréi Dubenski fundou a cidade en 1628 na confluencia dos ríos Kacha e Ienisei como bastión defensivo, co nome de Krasni (Красный en cirílico, que quere dicir vermello), tomando posteriormente o nome de Krasni iar (Красный Яр, barranco vermello). A categoría de cidade foille outorgada en 1690. En 1822 estableceuse o gobernorato de Ieniseisk, que cubría un territorio moi similar ao do krai de Krasnoiarks actual, con Krasnoiarsk como centro administrativo. En 1934 creouse o krai de Krasnoiarsk, coa cidade de Krasnoiarsk como capital.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Krai de Krasnoiarsk
Categoría:Cidades de Rusia Categoría:Krai de Krasnoiarsk Categoría:Siberia