A guerra polaco-soviética foi un conflito armado que tivo lugar entre o 14 de febreiro de 1919 ao 18 de marzo de 1921 e que enfrontou a Rusia Soviética e a Segunda República Polaca. Finalizou co Tratado de Riga. A guerra foi o resultado das tentativas de expansión por parte de ámbolos dous bandos: Polonia pretendía recuperar os territorios perdidos a finais do século XVIII, e os soviéticos, aqueles que pertenceran ao Imperio ruso antes da primeira guerra mundial. As fronteiras entre Polonia e a Rusia soviética non foran definidas no Tratado de Versalles, e posteriormente tornáronse máis caóticas tras a retirada das Potencias Centrais na fronte oriental, a Revolución rusa de 1917, a Guerra Civil Rusa, as desintegracións do Imperio ruso, do Imperio alemán e do Imperio Austrohúngaro, así como as ambicións de Ucraína e Belarús para establecer a súa independencia.
Józef Piłsudski, o líder polaco, decidira ampliar as fronteiras de Polonia cara ao leste, ao mesmo tempo que consideraba a idea de crear unha «Federación Polaca» (Międzymorze) que aunase o resto dos Estados da Europa centro-oriental, coma un bando contra a potencial aparición do movemento imperialista soviético.Nome proposto por Józef Piłsudski para a federación formada polos países de Polonia, Lituania, Belarús e Ucraína
En 1919, as forzas polacas controlaban a maior parte da Ucraína occidental, gañando o conflito coa República Popular de Ucraína Occidental que tentou crear un Estado ucraíno nos territorios que reclamaban tantos polacos como ucraínos. Namentres, os soviéticos comezaban a gañar a Guerra Civil Rusa e avanzaban cara ao oeste, cara aos territorios disputados, e a finais de 1919 formouse unha clara fronte bélica. Os enfrontamentos fronteirizos desembocaron entón nunha guerra aberta tras o avance cara ó leste da Ucraína de Piłsudski (abril de 1920), o cal foi detido por un contraataque do Exército Vermello, inicialmente exitoso. A operación soviética empuxou os polacos de volta para o oeste, para a capital polaca, Varsovia. Entre tanto, Occidente temía que as tropas soviéticas chegasen á fronteira alemá, e incrementouse o interese das Potencias Occidentais na guerra. A mediados do verán, a caída de Varsovia parecía próxima, pero a mediados de agosto a situación cambiou de novo cando as forzas polacas alcanzaron unha inesperada e decisiva vitoria na batalla de Varsovia. Ante o temor dun avance polaco cara ao leste, os soviéticos pediron a paz e a guerra terminou cun cesamento do fogo en outubro de 1920. Un tratado de paz, o Tratado de Riga, foi asinado o 18 de marzo de 1921, repartindo os territorios en disputa entre Polonia e a Rusia Soviética. Así, esta guerra de 1919-1920 delimitou a fronteira polaco-soviética durante o período de entreguerras.
Nomes e datas dos combates A guerra é coñecida con varios nomes. "Guerra polaco-soviética" é posiblemente o máis coñecido. Un nome alternativo é "Guerra Polaco-Bolxevique".Ver por exemplo Russo-Polish War na Enciclopedia Británica…military conflict between Soviet Russia and Poland, which sought to seize Ukraine… Although there had been hostilities between the two countries during 1919, the conflict began when the Polish head of state Józef Pilsudski formed an alliance with the Ukrainian nationalist leader Symon Petlura (21 de abril de 1920) and their combined forces began to overrun Ukraine, occupying Kiev on May 7.(en polaco) Wojna polsko-bolszewicka. Entrada na Internetowa encyklopedia PWN. Último acceso o 27 de outubro de 2006. Esta segunda denominación (ou simplemente "Guerra Bolxevique" (en polaco: Wojna bolszewicka) é máis común nas fontes polacas. Nalgunhas fontes polacas tamén vén como a "Guerra de 1920" (en polaco: Wojna 1920 rokuPor exemplo: 1) 2) 3) ) mentres que os historiadores soviéticos a miúdo refírense a ela como a "Guerra contra a Polonia Branca" ou considérana parte da Intervención Aliada na Guerra Civil Rusa ou da Guerra Civil Rusa en si mesma.
Existe tamén certa controversia sobre a data do comezo da guerra. A Enciclopedia Británica considera a intrusión polaca en Ucraína de 1920 como o punto de partida do conflito, namentres que a súa contraparte polaca, a Internetowa encyklopedia PWN e algúns historiadores (coma Norman Davies) outorgan ao ano 1919 a data do comezo.
Finalmente, adóitanse fixar coma datas de finalización tanto 1920 coma 1921. Esta dúbida vén do feito de que mentres o alto o fogo entrou en vigor no outono de 1920, o Tratado de Riga, que puña fin de forma oficial á guerra, foi asinado meses despois, en 1921.
Os acontecementos de 1919 poden ser descritos como un enfrontamento fronteirizo. E non é até principios de 1920 que ámbolos dous bandos aceptaron a realidade de estaren nunha guerra total, as escaramuzas que tiveron lugar en 1919 están intimamente relacionadas coa guerra que empezou ao ano seguinte. Finalmente, os sucesos de 1920 foron só unha consecuencia natural, aínda que non buscada, do que comenzara en 1919.
Causas do enfrontamento esquerda|miniatura|As tres Particións de Polonia. Os territorios coloreados representan á República das Dúas Nacións. En cor azul: soberanía do Reino de Prusia. En cor amarela: dominio do Imperio Austrohúngaro. En cor verde: tomado polo Imperio Ruso. En 1919, co final da primeira guerra mundial, o mapa da maior parte do mundo, e en particular o da Europa Central e Occidental, cambiara drasticamente.Thomas Grant Fraser, Seamus Dunn, Otto von Habsburg, Europe and Ethnicity: the First World War and contemporary ethnic conflict, Routledge, 1996, ISBN 0-415-11995-2, Google Print, p.2 A derrota de Alemaña frustrou os seus proxectos para a creación dun goberno monicreque nos países orientais de Europa (MitteleuropaMittel - europa; Metade ou centro de Europa, inclúe Alemaña, Austria, Suíza, Liechtenstein, Polonia, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia), e como a Rusia soviética estaba en plena guerra civil, moitas nacións daquela rexión viron unha oportunidade única para obter a independencia que non podían desperdiciar.
Ao mesmo tempo, os soviéticos consideraban estes territorios como provincias rusas rebeldes, vitais para a seguridade rusa, pero foron incapaces de reaccionar rapidamente, posto que aínda seguía presente o esgotamento producido pola primeira guerra mundial, a revolución e a guerra civil.
Mentres tanto, co éxito da sublevación de Polonia iniciada en 1918, Polonia restablecera o seu Estado por primeira vez dende a última partición de 1795, que causou os 123 anos nos que Polonia foi gobernada polo seu tres veciños imperiais. O país rexurdiu baixo o nome de Segunda República Polaca e procedeu a recuperar e restablecer as fronteiras que posuía no pasado.
Porén, Polonia non estaba soa nas súas oportunidades e apuros, xa que practicamente todos os países veciños que obtiveran recentemente a súa independencia comezaron loitas polas súas fronteiras: Romanía loitou contra Hungría en Transilvania, Iugoslavia con Italia en Rijeka, Polonia con Checoslovaquia en Cieszyn/Těšín, con Alemaña en Poznan e con Ucraína en Galitzia. Os ucraínos, belarusos, lituanos, estonianos e letóns loitaron entre si e contra os rusos, que estaban divididos debido á guerra civil. A influencia do comunismo tamén se agregou a esta mestura, dando por resultado revolucións dos comunistas en Múnic, Berlín, Budapest e Prešov. Winston Churchill comentou respecto desta situación:Churchill estaba no correcto se temos en conta que todos os demais conflitos, coa única excepción da guerra polaco-soviética, serían conflitos de breve duración e insignificantes na maioría dos casos.
A guerra polaco-soviética, como a maioría doutros conflitos na Europa Oriental daquel tempo, foi máis un accidente que un conflito planificado. Durante o caos que prevaleceu nos primeiros meses de 1919, era improbable que algún comunista ou algún cidadán da Segunda República Polaca planease unha guerra de tal importancia. Polonia foi unha importante fronte na primeira guerra mundial, xa que nos seus territorios libráronse varias batallas.
Motivos de Piłsudski dereita|miniatura|Józef Piłsudski. dereita|miniatura|Vladimir Lenin. A política polaca estaba baixo a forte influencia do estadista Józef Piłsudski, quen prevía formar unha federación (a "Federación da Międzymorze") que abarcaba Polonia, Lituania, Ucraína e outros países da Europa central e oriental, os cales viñan emerxendo afastados dos imperios da primeira guerra mundial. A nova unión tería fronteiras similares ás da República das Dúas Nacións século XV-XVII e debía ser un contrapeso que contivese as intencións imperialistas de Rusia ou Alemaña. Con este fin, as forzas polacas aseguraron os extensos territorios no leste. No entanto, ao plan da federación de Piłsudski opúxose outro influente político polaco, Roman Dmowski, que favoreceu a idea de crear un "Estado Polaco" máis grande.
Debido á negativa dos rusos brancos a recoñecer a independencia de Polonia, as forzas polacas baixo as ordes de Piłsudski atrasaron ou pararon as súas propias ofensivas varias veces, aliviando a presión contra as forzas do Exército Vermello ruso e contribuíndo así á derrota do Exército Branco ruso.
A finais de 1919, o líder do novo goberno bolxevique da Rusia soviética, Vladimir Lenin, inspirado polas vitorias da guerra civil do Exército Vermello sobre as forzas Brancas rusas anticomunistas e os seus aliados occidentais, comezou a ver futuro na Revolución. Os bolxeviques actuaron baixo a convicción de que os procesos históricos axiña conducirían á ditadura do proletariado en todas as nacións, e que isto traería o final dos Estados nacionais, levando á instauración dunha comunidade comunista mundial. Lenin sentíase cada vez máis confiado en que a revolución sobreviviría e axiña varrería triunfante Europa e o resto do mundo. O motivo principal para a guerra con Polonia subxace no intento dos comunistas de enlazar a súa revolución en Rusia cunha revolución prevista en Alemaña. Ademais viu Polonia como a ponte que o Exército Vermello tería que cruzar para unir as dúas revolucións e axudar a outros movementos comunistas na Europa Occidental. Este curso era explícito na ideoloxía comunista, e era necesario se os soviéticos tentaban levar a Rusia á liña do marxismo. Isto non ocorreu até os éxitos soviéticos a mediados de 1920, momento en que esta idea se fixo dominante na política comunista.
Alemaña entre os anos 1918 e 1920 fervía co descontento social e o caos político. Nos dezaoito meses dende a abdicación do Káiser, viviuse unha revolución comunista, dúas repúblicas soviéticas (de sóviet) locais (por exemplo, a República Soviética de Baviera), tres golpes de estado reaccionarios, polo menos catro folgas xerais e cinco chanceleres. En xullo de 1920, a Constitución de Weimar (constitución do Estado Alemán) estivera vixente durante só doce meses, e a humillante Paz de Versalles por só seis. O goberno central foi acosado polo separatismo, pola vixilancia próxima dos poderes dos Aliados e polos constantes combates nas rúas entre a liga Espartaquista e o Partido Comunista de Alemaña. O avance dende o leste do Exército Vermello ameazou con anular o Tratado de Versalles e así, independentemente doutras consecuencias, liberar Alemaña das humillantes condicións postas nela. Moitos alemáns pensaron que outra revolución sería o preludio necesario para escapar do apertón dos Aliados.