Giuseppe Tavani, nado en Roma o 21 de marzo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.Ficha na páxina web da Editorial Galaxia
Traxectoria Giuseppe Tavani foi catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Roma I e un dos principais estudosos da poesía lírica galego-portuguesa medieval. Foi nomeado doutor honoris causa das Universidades de Santiago de Compostela e de Barcelona. Foi socio do Institut d´Estudis Catalans e da Academia das Ciências de Lisboa, e un prestixioso especialista da literatura galego-portuguesa, catalá,"Misionero" del catalán, El País, 20 de xaneiro de 2015 . provenzal e francesa.
Ademais, Giuseppe Tavani tamén é tradutor de obras literarias galegas e portuguesas para o italiano.
Obra Poesia catalana di protesta (1968) Preistoria e protostoria delle lingue ispaniche (1968) Raimon, canzoni contro (1971) Foix, Pere Quart, Espriu: tres maneres de fer poesia (1976) Méthodologie et pratique de l'édition critique des textes littéraires contemporains (1985) A poesía lírica galego-portuguesa (1986, Galaxia) "Martin Codax, o seu cancioneiro e o pergaminho Vindel" en Ensaios portugueses, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa, 1988, pp. 267–285. A poesía de Airas Nunez (1992, Galaxia) Dicionário da Literatura medieval Galega e Portuguesa (1993), sendo coordinadores Giulia Lanciani e G. Tavani. Breu història de la llengua catalana (1994) As cantigas de escarnio (1995), en colaboración con Giulia Lanciani. Per una història de la cultura catalana medieval (1996).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, H. (2011). "Giuseppe Tavani, filólogo maxistral, amante da poesía e grande amigo de Galicia". pp. 110–111. Grial nº 189. Galaxia.
Ligazóns externas "Giuseppe Tavani" Gran Enciclopèdia Catalana .
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Medallas Castelao Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Galicianistas Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Tradutores ao italiano