Tetovë, Tetova ou Tetovo é unha cidade do norte da República de Macedonia do Norte, á faldra dos Montes Šar e dividida polo río Pena. O concello ten unha superficie de 1,080 km² a unha altitude de 468 m.s.n.m., cunha poboación de 52,915 habitantes. A cidade é sede do concello do mesmo nome.

Toponimia En albanés a cidade chámase Tetovë e en macedonio Тетово (Tetovo). Tetovë significa de maneira literal "lugar de Teto" e o mito da cidade é que foi chamada así polo lendario heroe Teto, quen supostamente limpou a cidade de serpes.

Demografía A data de 2002, a cidade de Tetovë tiña 52,915 habitantes coa seguinte composición étnicaCenso de Macedonia do Norte, lingua e relixión.:

Etnia Poboación % Albaneses 28,897 54,6% Macedonios 18,555 35,1% Xitanos 2,352 4,5% Turcos 1,878 3,6% Serbios 587 1,1% Bosníacos 156 0,3% Outros 490 0,9%

Cidades irmandadas Tetovë está irmandada con: Prizren, Kosovo Kukës, Albania Sterling Heights, Estados Unidos Kunya, Turquía

Notas

Categoría:Cidades de Macedonia do Norte