miniatura|Logo de Falun Gong.

Falun Gong, en chinés 法輪功 ("Práctica da Roda da Lei"), é un grupo relixioso que se basea nun sistema que consiste en cinco exercicios de meditación, destinado ó cultivo da mente e do corpo. Foi introducido por Li Hongzhi en 1992.

Dende o 20 de xullo de 1999, o Goberno da China prohibiu Falun Gong. A versión oficial é que o fixo porque mantiña actividades ilegais; segundo o propio grupo, o Goberno da China temía que a popularidade de Falun Gong puxese en perigo a estabilidade do réxime comunista no país. Occidente considera esta prohibición contraria ós Dereitos Humanos.Congressional-Executive commission on China, Annual Report 2008

O número de membros de Falun Gong antes da súa ilegalización oscilaba entre os 70 millóns (segundo o New York Times o 27 de abril de 1999) e os 100 millóns estimados polo Goberno chinés.Seth Faison, "In Beijing: A Roar of Silent Protestors", New York Times, 27 de abril de 1999.

Orixe O 13 de maio de 1992, en Changchun, China, Li Hongzhi establecía a práctica dun sistema de cultivación do corpo e da mente mediante cinco exercicios de meditación. Durante tres anos, adicouse a ensinar estes exercicios; dende entón, este sistema esténdese grazas ó labor dos practicantes, moitos dos cales se dedican a ensinarllo a máis xente. A súa popularidade creceu moi rapidamente na China, e axiña se estendeu a outros países.

Crenzas e ensinanzas miniatura|esquerda|250px|Exercicios de Falun Gong en Toronto. Falun Gong baséase na "Lei de Buda" que, segundo as súas ensinanzas (recollidas en dous libros escritos por Li Hongzhi: Falung Gong e Zhuan Falun), se pode resumir en tres palabras: sinceridade, bondade (ou compaixón) e tolerancia.

Os cinco exercicios básicos

Son: O Buda das Mil Mans. A Postura de Pé Falun. Entrando nos dous Extremos Cósmicos. O Circuíto Divino Falun. A Meditación, sentado.

A prohibición de Falun Gong Cando, en xullo de 1999, o Goberno chinés prohibiu Falun Gong, aínda se recordaba como, o 25 de abril dese mesmo ano, unhas 10.000 persoas da organización fixeron unha protesta fronte á sede central do Partido Comunista da China. Sospéitase que quizais isto tivo relevancia na decisión e que o Goberno temía que o grupo se fixese demasiado poderoso.

A prohibición tivo numerosas repercusións internacionais, non só polo feito de non permitir ós cidadáns exercer a súa liberdade de pertencer a un grupo relixioso, senón porque moitos dos seguidores de Falun Gong foron sometidos a tortura, colleita de órganos e pena de morte.

A controversia de Falun Gong, xunto coa referente á independencia do Tíbet e de Taiwán, é un dos asuntos máis espiñentos dentro da política chinesa.

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas falundafa.org Asasinado polos seus órganos: O negocio de transplante segredo de Estado chinés (2012) YouTube, 8 minutos

Categoría:China Categoría:Novos movementos relixiosos