Vanessa Somoza Domínguez, nada o 2 de setembro de 1976 en Sarria, é unha pintora e política galega.
Traxectoria Estudou gráfica publicitaria na escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo, pintura no taller de Antonio Vázquez Rivas (AVARI) e é graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pola USC. En 1996 realizou a súa primeira exposición individual no pub Week-End da súa localidade natal e en 2005 a primeira individual nunha galería artística (Galería de arte José Lorenzo en Compostela).
Participou en movementos sociais como o Nunca Máis (2002), o Non á Guerra (2003) e o 15-M (2011). En 1999 participou na creación da Asociación Cultural AVARI xunto a Mercedes Vázquez Saavedra e outros artistas sarriaos que realiza gran cantidade de exposicións colectivas, levando a arte a sitios pouco frecuentes naqueles anos (como nas antigas escolas de Froxán ou Salcedo, ou o antigo cárcere de Sarria) poñendo en valor a filosofía de achegar a arte a todos os lugares e revalorizando edificios abandonados para dotalos dunha nova utilidade.
Militante do PCG e de Esquerda Unida, participou na lista de Alternativa Cidadá de Esquerdas nas eleccións municipais de 2015 en Lugo. "ACE afirma que non pactará co bipartidismo, mentres os socialistas insisten en presentar a Orozco como candidato" , Xornal de Lugo, 27 de maio de 2015 Nas eleccións xerais de España de 2015 e nas Eleccións xerais de España de 2016 foi segunda na lista ao Congreso de En Marea. Tanto nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 como nas de novembro do mesmo ano encabezou a lista pola coalición En Común Unidas Podemos. Foi de segunda, tras Miguel Anxo Fernández Bello, na lista ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.
Exposicións
Individuais
Pub Week-End, Sarria (1996). Pub Vaquería, Sarria (1997). NH Alfonso IX, Sarria. Sueños (2000). Círculo Cultural Recreativo O Saviñao, Escairón. Saudades (2001). Casa de Cultura de Monforte de Lemos. Entre o sono e a realidade (2002). Café concerto Coto, Monforte de Lemos. Tristezas (2002). Café pub La Guara, Sarria (2004). Café pub Xarope, Sarria (2004).
Galería de arte José Lorenzo, Santiago de Compostela (2005).
Café pub Cecchini, C.C. Gran Sur, Adeje, Tenerife (2007).
Galería de arte Manuel Márquez, Ourense. Como un cuento (2008).https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/la-sarriana-vanessa-somoza-expone-sus-pinturas-en-una-galeria-de-ourense/20081114225100164665.html
Local social de Mil Cores, Lugo (2019).
Facultade de Humanidades de Lugo. Defensoras (2019-2020).
O Vello Cárcere de Lugo. Prontuario (2019-2020).
Colectivas Asociación Cultural Teixo, Casa de Cultura de Sarria (1993). Meigas e Trasgos de Sarria, Bienal de Arte Galega (1994). I.B.M. Sarria, exposición de alumnado do centro (1995). Meigas e Trasgos de Sarria, Bienal de Arte Galega (1996). Casa de Cultura de Sarria. O froito dun taller (1999). Escola de Froxán. Tralas pegadas de Avari no Caurel (1999). Teleclube de Salcedo. Entroido en Salcedo (2000). Casa de Cultura de Quiroga. De arte (2000). Casa da Cultura de Foz. En busca del mar I (2000). Casa do Mar de Burela. En busca del mar II (2000). Meigas e Trasgos de Sarria, Bienal de Arte Galega (2000). Galería Burela. Certame de Arte (2001-2002). Meigas e Trasgos de Sarria, Bienal de Arte Galega (2002). Centro Cultural Los Cristianos, Arona, Tenerife (2005-2006). Centro Cultural Los Cristianos, Arona, Tenerife (2007). Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Lugo. Mulleres artistas, pintoras luguesas'' (2010).
A Cova da Terra, Lugo. I Outono de Artes Sociais (2013)
Galería de arte El Taller, Santiago de Compostela. Autómatas do consumo (2013). Museo Interactivo da Historia de Lugo. Exposición virtual ConfinARTE (2020).
Galería Álvaro Alcázar de Madrid. Exposición virtual Mi Casa (2020; con catálogo físico).
Sainko moda. Semana de exaltación da cultura e a arte de Lugo (2022). Multiópticas. Semana de exaltación da cultura e a arte de Lugo (2023). Multiópticas. Semana de exaltación da cultura e a arte de Lugo (2024). Asociación Cultural Huhú. A Sede, Sarria. BIS/BARRA na parede está todo (2025-2026). Notas
Véxase tamén
Categoría:nados en Sarria Categoría:Nados en 1976 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Políticos de Esquerda Unida Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela