Javier Alfonso Cendón, nado en León o 21 de outubro de 1983, é un sindicalista e político leonés. Traxectoria De familia berciana"Javier Alfonso Cendón presenta candidatura para liderar un “cambio necesario” en el PSOE de la provincia de León". InfoBierzo, 5 de outubro de 2017 residente na capital provincial, licenciouse en enxeñería informática na Universidade de León en 2005 e logo exerceu como profesor nesa universidade. Afiliado á UGT, foi o responsable de xuventude da UGT en Castela e León ata 2018 e foi membro da dirección moza da Confederación Europea de Sindicatos. Afiliado ao PSOE foi responsable de participación da agrupación local leonesa dende 2012 ata 2016 e dende finais de 2017 é secretario xeral provincial de León"Javier Cendón, nuevo líder de un PSOE partido a la mitad" . Radio León, 19 de novembro de 2018. Encabezou a lista do PSOE ao Congreso dos Deputados por León nas eleccións xerais de 2019. Notas

Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1981 Categoría:Políticos de Castela e León Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de León Categoría:Enxeñeiros informáticos