Ana Belén Fernández Casero, nada o 22 de decembro de 1974 en Cáceres, é unha política estremeña.
Traxectoria Comezou os estudos de relacións laborais pola Universidade de Valencia en 1996, mais non chegou a completar a carreira. Traballou na empresa privada e no Instituto Nacional de Estadística e na Tesourería da Seguridade Social para aprobar oposicións de funcionaria na Xunta de Estremadura. Militante do PSOE é concelleira en Cáceres dende 2015 e membro da executiva do PSOE. Nas eleccións xerais de 2019 encabezou a lista ao Congreso dos Deputados pola provincia de Cáceres.
Notas
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Políticos de Estremadura Categoría:Políticos do PSOE