María Eugenia Rodríguez Palop, nada en Llerena (provincia de Badaxoz) o 9 de marzo de 1970, é unha xurista e política española, profesora de filosofía do dereito na Universidade Carlos III de Madrid, especializada en dereitos humanos.

Traxectoria Irmá de María Isabel, responsable de comunicación da dirección xeral de Turismo da Xunta de Estremadura e de María Luisa, correspondente de TVE en París. Licenciouse en dereito pola Universidade Pontificia Comillas en 1993 e obtivo o doutoramento na Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) no ano 2000.

Investigadora do Instituto de Estudios de Género e mais do Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas da UC3M, foi un dos 60 académicos asinantes en xuño de 2018 dun manifesto reclamando a reforma da Constitución española para lle dar pulo a un «proxecto político federal».

En marzo de 2019, co anuncio da renuncia de Pablo Bustinduy a encabezar a lista da coalición Unidas Podemos cambiar Europa para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, Podemos e Bustinduy anunciaron que Palop, como independente, ocuparía o lugar de Bustinduy na candidatura.

Obras La nueva generación de derechos humanos. Origen y justificación (Dykinson, 2002) Claves para entender los nuevos derechos humanos (Catarata, 2011) Revolución feminista y políticas de lo común frente a la extrema derecha (Icaria, 2019)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Nados en Llerena Categoría:Nados en 1974 Categoría:Xuristas de España Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Profesores da Universidade Carlos III de Madrid