miniatura|Nome IUPAC: 2-(5-metoxi-1H-indol-3-il)-N,N-dimetiletanamina 5-MeO-DMT (5-metoxi-N,N-dimetiltriptamina) é unha droga psicodélica da clase das triptaminas. Encóntrase nunha ampla variedade de especies de plantas e polo menos nunha especie de sapos, o Incilius alvarius do deserto de Sonora. Igual que os compostos relacionados DMT e bufotenina (5-HO-DMT), foi utilizada como enteóxeno en Suramérica desde hai séculos.
Química A 5-MeO-DMT foi sintetizada por primeira vez en 1936 e en 1959 foi illada como un dos ingredientes psicoactivos das sementes de Anadenanthera peregrina utilizadas para preparar o rapé Yopo. Antes pensábase que era un compoñente principal dos efectos psicoactivos deste "esnifado", aínda que recentemente se atopou que isto é improbable, debido á limitada ou ás veces mesmo inexistente cantidade que conteñen as sementes, que, ao contrario, adquiren a súa psicoactividade polo metabolito O-desmetilado do 5-MeO-DMT, que é a bufotenina. É metabolizado principalmente pola CYP2D6.
Uso relixioso
O 5-MeO-DMT é un sacramento da Igrexa da Árbore da Vida. Desde aproximadamente 1971 ata finais da década de 1980, o 5-MeO-DMT era discretamente proporcionado aos seus membros. Entre 1970 e 1990 fumar 5-MeO-DMT contido no perexil era probablemente unha das dúas formas máis comúns de administración deste produto nos Estados Unidos.
Farmacoloxía A 5-MeO-DMT é un derivado metoxilado da dimetiltriptamina (DMT). Baseándose en estudos en ratas, a súa actividade farmacolóxica crese que se produce principalmente a través de receptores de serotonina. Concretamente, mostra alta afinidade polos receptores dos subtipos 5-HT2 e 5-HT1A. Mecanismos de acción adicionais como a inhibidor da recaptación de monoaminas poderían estar implicados tamén.
Situación legal Este composto considérase substancia controlada ou ilegal en diversos países, como a China, Australia, Suecia, Turquía ou os Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 4-MeO-DMT 5-MeO-AMT 5-MeO-DIPT 5-EtO-DMT
Ligazóns externas TiHKAL #38 en Erowid e 5-MeO-DMT en Erowid Entrada sobre 5-MeO-DMT Entry en TiHKAL • info
Categoría:Triptaminas Categoría:Drogas psicodélicas