Ángela Vallina, nada en Castrillón o 6 de xullo de 1959, é unha política asturiana, Eurodiputada do grupo da Esquerda Europea e antiga alcaldesa da súa localidade natal.
Traxectoria Estudou puericultura e historia na Universidade de Oviedo. Tivo a metade dun negocio de agasallos e decoración e logo foi a xerente dunha empresa de transporte familiar.
No ano 1999 entrou na lista de Izquierda Unida ao concello de Castrillón. En 2003 accedeu á alcaldía, manténdose ata o ano seguinte cando a oposición presentou unha moción de censura. Volveu á alcaldía logo das eleccións de 2007, nas que IU obtivo os mellores resultados da súa historia no concello. En 2011, revalidou a súa xestión e IU converteuse na primeira forza política nun goberno en minoría, sen realizar pacto de goberno ningún coas outras forzas políticas.
Logo das eleccións europeas de 2014, Ángela Vallina converteuse en eurodiputada. En substitución de Vallina o 14 de xuño de 2014 accedeu ao posto como alcaldesa Yasmina Triguero Estévez.
Notas
Categoría:Europarlamentarios de España (2014-2019) Categoría:Nados en Castrillón Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Alcaldes de Asturias Categoría:Políticos de IU Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias