Leroy Gordon "Gordo" Cooper Jr., nado en Shawnee, Oklahoma, o 6 de marzo de 1927 e finado o 4 de outubro de 2004 en Ventura, California, foi un astronauta norteamericano.

Traxectoria Cooper completou os seus estudos de primaria e secundaria entre o seu fogar natal, Shawneee, e Murray (Kentucky). Graduouse en enxeñería aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1956. Recibiu un doutoramento honorario en ciencias pola Universidade da cidade de Oklahoma en 1967.

Cooper xa era coronel da Forza Aérea cando foi seleccionado como astronauta do proxecto Mercury en abril de 1959. Entre o 15 e o 16 de maio de 1963 pilotou a cápsula Faith 7 durante a misión Mercury-Atlas 9, a última da serie de voos Mercury, cunha duración de 34 horas e 20 minutos. Foi tamén piloto da misión Gemini 5, que foi lanzada o 21 de agosto de 1965 e tivo unha duración de 190 horas e 56 minutos. Foi piloto de reserva para a misión Gemini 12 e comandante de reserva para a misión Apollo 10. Retirouse da NASA e da Forza Aérea en 1970.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mercury-Atlas 9 Gemini 5 Gemini 12 Apollo 10

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Finados por párkinson