O , habitualmente coñecido como Estadio Koshien é un parque de béisbol situado nas proximidades de Kōbe, en Nishinomiya, Hyōgo (Xapón). O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Desde 1936 é o estadio local dos Hanshin Tigers da Liga Central da Nippon Professional Baseball.

Alén dos xogos dos Tigers, o estadio alberga anualmente o en agosto, así como o menos importante en marzo. Normalmente, embos torneos son coñecidos simplemente como "Kōshien de verán" e "Kōshien de primavera". Estes torneos gozan de gran popularidade, sendo o torneo afeccionado máis importante do país. De feito, se os torneos coinciden con encontros dos Tigers, estes pospoñense para outras datas. Tamén alberga cada ano a final do torneo universitario de fútbol americano, máis coñecido como Koshien Bowl. O lendario xogador de béisbol Babe Ruth xogou un partido amigábel no estadio en 1934, sendo este feito conmemorado cunha placa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hanshin Tigers Nankai Hawks

Ligazóns externas Páxina web do estadio Páxina web do estadio

Categoría:Hanshin Tigers Categoría:Fukuoka SoftBank Hawks Categoría:Estadios da NPB Categoría:Estadios de béisbol do Xapón