O solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria) é unha especie extinta de ave da orde das columbiformes, subfamilia dos colúmbidos, unha das dúas integrantes da subfamilia dos rafinos, e a única do xénero Pezophaps que, polo tanto, é monotípico.

Era endémica da illa Rodrigues, e unha parente achegada da outra especie da subfamilia, Raphus cucullatus, o dodo e, como este, perdera a capacidade de voo.

Historia A primeira observación da ave realizouna François Leguat, o xefe dun grupo de hugonotes franceses que colonizaron a illa de 1691 a 1693. Describiu a ave con certo detalle, incluíndo o seu solitario comportamento de aniñamento. Os hugonotes gabaron a ave polo seu sabor, especialmente o das crías.

Debido á caza e á introdución de depredadores como o gato, as aves pronto comezaron a escasear e cando, en 1755, Cossigny intentou obter un exemplar non o puido encontrar. O solitario de Rodrigues seguramente extinguiuse cara a 1760.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1848 polo ornitólogo (e xeólogo) inglés Hugh Edwin Strickland na páxina 70 e ss. da súa obra The dodo and its kindred; or, The history, affinities, and osteology of the dodo, solitaire, and other extinct birds of the islands Mauritius, Rodriguez and Bourbon.

Especie En canto á especie, fora descrita moitos anos antes, en 1789, polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, co nome de Didus solitarius.Carolus Linnaeus (1758). Systema Naturae 1, lámina 2, páx. 728.

Etimoloxía Xénero O nome científico Pezophaps está formado polos elementos Pezo- e -phaps, tirados do grego antigo πεζο- pezo-, derivado de πέζα péza, 'pé', e φάψ pháps, 'pomba silvestre', respectivamente. Literalmente: 'os de pés como os das pombas'.Pezophaps no Merriam-Wesbster Dictionary.

Especie O epíteto específico, solitarius, é o nominativo masculino singular do adxectivo latino, sōlitārius, -a, -um, 'solitario', en alusión aos costuimes desta ave.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:Pezophaps solitaria - Solitario de Rodriguez en bichosdecambalandia.blogspot.com Didus solitarius Gmelin, 1789 (Protónimo) Didus nazarenus Bartlett, 1851 Pezophaps solitarius Strickland, 1848 Pezophaps minor Strickland, 1852

Características Recolléronse un gran número de ósos da ave, pero non hai espécimes montados. Os solitarios caracterizábanse por unha grande e infrecuente protuberancia ósea na base do polgar. En vida, esta protuberancia estaría cuberta por unha grosa capa de pel, e parece que se usou como arma (unha protuberancia similar pódese encontrar no ganso do Canadá). As observacións do solitario parecen indicar que a cría por parellas era moi territorial, e é presumíbel que os machos realizaran disputas golpexándose coas ás.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rafinos Dodo

Categoría:Colúmbidos Categoría:Animais descritos en 1789