Frederick Christ Trump, nado en Nova York o 11 de outubro de 1905 e finado en New Hyde Park o 25 de xuño de 1999, foi un promotor inmobiliario e filántropo estadounidense, pai do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.
Traxectoria Naceu no Bronx no seo dunha familia de inmigrantes alemáns luteranos, Frederick e Elizabeth Christ Trump. Ao pouco da nacenza de Fred, a familia mudou a súa residencia para Woodhaven, en Queens. Cando Fred tiña 12 anos, seu pai morreu na epidemia de gripe de 1918Rozhon, Tracie. "Fred C. Trump, Postwar Master Builder of Housing for Middle Class, Dies at 93". The New York Times, 26 de xuño de 1999], e súa nai decidiu levar ela o negocio inmobiliario do seu home, e Fred aínda menor de idade entrou en 1923 no negocio inmobiliario, financiado pola súa nai edificou a súa primeira casa Whitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". New York Times, 28 de xaneiro de 1973., cambiando o nome do negocio familiar a E. Trump & Son e construíndo centos de casas en Queens nos anos seguintes Barrett, Wayne (2016). Trump: The Greatest Show on Earth: The Deals, the Downfall, the Reinvention. Simon & Schuster. p. 63.. Durante a Gran Depresión a empresa deixou o negocio inmobilario e Fred abriu un supermercado, que vendeu en 1933 para volver ao sector inmobiliario.D'Antonio, Michael (2015). The Truth About Trump. St. Martin's Press. pp. 31 & 34 Durante a segunda guerra mundial construíu apartamentos e barracóns para o persoal da Armada nas proximidades dos principais estaleiros da costa leste. Despois de rematar a guerra centrou o seu negocio na construción de casas para os veteranos que retornaban da guerra e complexos como o de Shore Haven en Bensonhurst en 1949 e Beach Haven próximo a Coney Island en 1950 (cun total de 2.700 apartamentos). En 1963–1964 edificou a Trump Village, un complexo de apartamentos en Coney Island. Ao longo dos anos construíu máis de 27.000 apartamentos de baixo custo e casas acaroadas en Coney Island, Bensonhurst, Sheepshead Bay, Flatbush e Brighton Beach en Brooklyn, e mais Flushing e Jamaica Estates en QueensWhitman, Alden. "A builder looks back—and moves forward". New York Times, 28 de xaneiro de 1973.. En 1968 seu fillo, Donald, incorporouse á empresa en 1968 e en 1971 converteuse no presidente da compañía, mentres Fred permanecía como presidente do consello de administraciónBlair, Gwenda (2015). Donald Trump: The Candidate. Simon & Schuster. p. 23.. Na primeira listaxe Forbes 400 publicada en 1982 aparecía cunha fortuna estimada de 200 millóns de dólares, compartida co seu fillo Donald Wang, Jennifer . "The Ups And Downs Of Donald Trump: Three Decades On And Off The Forbes 400". Forbes, 24 de marzo de 2016.
Notas
Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América