Forcas é un lugar da parroquia de Forcas, no concello ourensán de Parada de Sil, na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 12 habitantes (3 homes e 9 mulleres).

Demografía

Patrimonio Igrexa de San Mamede É unha igrexa datada en 1822 e está dedicada a san Mamede, que preside unha das súas fachadas. No seu interior, consérvase un retablo de estilo barroco.

Ponte medieval de Conceliñas A xente do lugar refírese a esta ponte co nome de "Conceliñas". Este é un topónimo corrompido que na súa orixe recibía o nome de "Canceliñas", diminutivo de cancela, voz galega que deriva da voz latina cancellus “enreixado, barreira”.

Existen varias posibilidades da orixe do nome outorgado á devandita ponte. Unha explicación é a designación das terras de labor situadas na parroquia de Pedrafita preto da ponte. Outro motivo polo que puido recibir este nome é porque esta ponte contaba cun enreixado ou barreira que regulaba fiscalmente o paso por ela.

A ponte atravesa o río Mao, afluente do río Sil. O río Mao, tamén chamado río Vello, nace ao pé da serra de San Mamede e foi descrito por Otero Pedrayo como “de variado e impresionante curso”.

Esta ponte foi unha infraestrutura vital para as comunicacións entre o mosteiro de Montederramo e O Castro de Caldelas na idade media. No río atopouse unha espada, chamada espada de Forcas do final da Idade de Bronce (1250-1000 a.C.). Atopouse a comezos do século XX mentres se construía unha canle de auga para a fábrica de luz que está preto dese lugar.

Ermida de Trigúas É unha capela que se atopa nos arredores de Forcas e non ten culto permanente. Está caracterizada por un arco de medio punto e outros motivos que a identifican na arquitectura románica.

A ermida de Trigúas é un lugar de romaría e encontro festivo, que se celebraba na segunda semana de setembro. Unha lenda di que a ermida de Trigúas ten dúas irmás, que son a ermida de Cadeiras, ao outra beira do río, e a dos Remedios, no Castro de Caldelas, e que as tres se ven e se escoitan.

Lugares e parroquias Lugares de Forcas

Parroquias de Parada de Sil

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Parada de Sil

Categoría:Lugares de Parada de Sil