Juana Teresa Juega López, nada en Laxe o 8 de abril de 1885 e finada en Melide o 3 de decembro de 1979, foi unha poeta galega en lingua galega e lingua castelá.

Traxectoria Filla do médico Ramón Juega Charlín, dos cinco aos trece anos de idade viviu en Tacuarembó, Uruguai, de onde procedía súa nai. De volta a Galicia a familia instalouse na Coruña onde o seu pai rexentaba un balneario. Juana publicou versos (algúns en galego) a partir de 1904 en El Eco de Galicia e en El Compostelano.

A poeta tiña preparado un libro de poemas con prólogo de Leopoldo Pedreira Taibo e dedicatoria-presentación de José María Riguera Montero, titulado Alma que llora, cousa que non era do agrado do seu noivo, José Morales Vilar, militar. En marzo de 1908 o tenente disparou varias veces contra ela,feríndoa gravemente, e a continuación suicidouse. O libro nunca chegou a publicarse.

Dous anos despois Juana casou con Emilio Pereiro Quiroga, avogado de Melide, co que tivo catro fillos, residindo sucesivamente en Caldas de Reis, Arzúa, Palas de Rei, Melide e Santiago de Compostela. Durante a guerra civil española Juana, membro de Acción Católica e activista a prol da CEDA,, Amara (1990). "J. Teresa Juega: poeta esquecido". Festa da Palabra Silenciada n.º 7, pp. 113-116. . colaborou en manifestacións e actos a favor do franquismo.

O seu poema "A morte" aparece na antoloxía de Uxío Carré Aldao de 1911 (1911). Literatura gallega con extensos apéndices bibliográficos y una gran antología de 300 trabajos escogidos en prosa y verso de la mayor parte de los escritores regionales gallegos, p. 281-282. e o seu sobriño-neto, José-Maria Monterroso Devesa, fixo unha recompilación da súa obra, de máis de setenta composicións, oito delas en galego, que se publicou no ano 2000 no Boletín do Centro de Estudos Melidenses. Museo da Terra de Melide nº 13.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, X. M. (2011). Dicionario de Escritores e Escritoras da Costa da Morte p. 39. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

Outros artigos José-Maria Monterroso Devesa Violencia de xénero Ligazóns externas , Isabel (10/12/2017). "Tragedia en la casa de baños" La Opinión A Coruña . , Raquel (17/10/2017). "Cinco tiros contra a escritora que ía publicar un libro de poemas" Disque Cool.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Vítimas de violencia de xénero Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos