Yolanda Sobero Martínez, nada en Corao, Cangas de Onís o 20 de agosto de 1959, é unha xornalista española especialista en política internacional e Presidenta do Consello de Informativos de RTVE de 2010 a 2014. En 2010 publicou o libro Sahara: memoria y olvido. En 2012 recibiu o primeiro Premio Colombine pola súa reportaxe Feminicidio S.A. sobre o feminicidio en Guatemala. Dende 2004 é reporteira do programa de TVE "En Portada".

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, é doutora en Ciencias da Información coa tese Conflictos étnicos: el caso de los pueblos indígenas (1998) e un máster en Estudos Amerindios pola Universidade Complutense / Casa de América (2004/2005).

Incorporouse a TVE en 1982 e até 1986 estivo destinada no Centro de Produción de TVE nas Canarias. De 1990 a 2004 foi coordinadora da área de Información Internacional dos Telexornais Fin de Semana.

En 2004 incorporouse ó equipo de reportaxes especiais 'En Portada'.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Cangas de Onís Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid